Crónica
“Betanzos antigua capital y provincia del Reino de Galicia”
Ontes o grupo
que fixemos sendeirismo por
terras de Betanzos, teño que
decir que o tempo non o tíñamos
moi a favor noso. Saímos de Foz
chovendo e cun frío que animaba
máis a tomar un café na taberna
da esquina.
Pero coma valientes que somos
subimos ao autobús sen pensar
noutra cousa que pasar o domingo
pola natureza.
A choiva foi amainando pero
coronando a Xesta, aparecía a
auga /neve, que non falábamos
nada do tempo, pero creo que tod@s
tíñamos o pensamento na
molladura que íamos a coller
durante a caminata.
Fixemos a paradiña coma sempre
en Guitiriz, un frío que pelaba,
tomamos uns cafés e de novo a
estrada. Quedaba unha media hora
ata o comezo da ruta en Chelo
parroquia de Coirós.
Chegamos preto das dez e media,
cal foi nosa sorpresa ver que
paraba a choiva, e fixo que non
necesitáramos de poñernos os
chuvasqueiros, iso si frío moito,
pero camiñando non te enteras.
O percorrido transcurre por unha
pista costa abaixo, que nos vai
levando entre carballos, pinos,
bidueiros, ata alcanzar a ponte
pola que cruzamos o río Mandeo.
Esperamos uns por outros para
así emprender o precioso paseo
ao carón do río.
Fixemos a
foto de rigor do grupo, e
comezamos a senda.
O río Mandeo Destaca pola súa
riqueza piscícola, unha cuenca
fluvial dun importante valor
ecolóxico cuns importantes cotos
de pesca de salmón e troita, e
tamén pola celebración as seus
orillas da Romaría dos Caneiros
a maior romeria profana de
Galiza.
A senda ten bo piso, e deixamos
disfrutar do entorno
espectacular quee temos diante.
O caudal e fortísimo que según
avanzamos, vai perdendo o coraxe,
facendo un entorno moi
tranquilo. En ambas ribeiras
pódese contemplar “chiringuitos”
pechados que seguro os utilizan
para o disfrute en época
estival.
Facemos un agrupamento no lugar
onda se celebra a festa Os
Caneiros, unha gran arboleda que
seguro terán os romeros unha boa
sombra.
Xa divisamos as primeiras casas,
e tamén as lanchiñas que os
vecinos de Betanzos usan polo
verán para navegar polo río.
Tíñan algo de falla de pintura,
pero seguro que na primavera
estarán todas inmaculadas.
Chegamos a Betanzos, o recorrido
o facemos polos casas antigas
coas balconadas de madeira, uns
recunchos fermosos que nos van
levando ao paseo marítimo da
ría, onda desemboca o río Mandeo
e ao mesmo tempo únise o río
Mendo. Pasando preto da “Ponte
Vella”, a pasarela, e ao fondo a
ponte de ferro da Renfe. Máis e
máis lanchiñas a beira dos
pantanais, un paseo moi bonito
que nos leva a mesmo centro
urbán.
Rematamos ao redor da unha, uns
foimos a visitar o parque
Pasatempo. Unha construcción que
comeza no ano 1893, siendo
diseñado por D. Juan García
Naveira, Nel vense plasmadas as
vivencias que este emigrante a
América, adquirió nos seus
numerosos viaxe polo mundo.
E unha visita moi recomendable a
facer polo seu contido cultural.
Outros decidiron facer unha
visita ao casco monumental que
pódese decir e todo Betanzos:
Praza do campo, Convento Santo
Domingo, fonte de Diana, casa do
concello, isto e soamente unha
pincelada. Tamén e moi típico
tomar uns viños nas numerosas
tabernas acompañados cun bo
trozo de empanada de Betanzos.
As dúas e media o xantar, no
restaurante Pasatempo, e que voi
decir, boa comida e boa compañía
éxito asegurado.
Ás catro e media retornamos a
Foz, ao paso por Guitiriz a neve
comezaba a cubrir os campos. Que
sorte co tempo mentras fixemos a
ruta.
Eran ás seis da tarde cando
chegamos a casa.
“Para
bon viño Ribeiro//para empanadas
Betanzos
para Berberechos Noia// para
Sardiñas Rianxo”
Ata a próxima
José L.