Crónica
Con un autobús
abarrotado de sendeiristas dispostos a pasar un bo día de domingo,
saímos de Foz,
con dirección a Ferreira,
onde nos esperan os nosos compañeiros de camiño da Asociación "Paso
Miúdo" e
"Camiño Norte".
Uff!! Qué batallón!!, non sei nin cantos
somos, creo que ninguén o sabe, pero o importante é que todos estamos
unidos por un mesmo lema, que é o de compartir camiño; e que mellor
momento para fomentar amizade, intercambiar experiencias, vivencias,
proxectos... e quen sabe, quizás no futuro os lazos sexan fortes.
Case con puntualidade botamos andar dende a
Casa de Cultura do pobo de Ferreira,
collemos unha pista que nos vai levar ata Ponte do Frenazo, non sen antes
escoitar algún que outro comentario, pois a verdade é que está todo
bastante enlamado
e hai quen vai estreando os deportivos, já, já... menudo comezo!! seguro
lle quedan moitos camiños máis, así que se vaia habituando.
Pasamos a Ponte e xa vemos o Castelo
de Pardo de Cela; deixámolo á nosa dereita e facemos un pequeno
reagrupamento, pois as subidas fannos camiñar máis despacio e vamonos
distanciando. Nestes intres aproveitamos para degustar as rosquillas de Julita,
as galletas de Vidal,
que pena!! hoxe Lidia non está con nós, senón seguro que tamén tocaba
o delicioso chocolate con améndoa que leva sempre.
Aquí chegan os rezagados, coa cara
sorrinte pero xa me gastan a broma de turno, o meu amigo Antonio
dime: "si esta é media-alta, como será a alta". "Uhi!
isto aínda era a media, agora empezamos a alta" -lle sigue a
broma Luciano.
Seguimos o camiño, sempre en lixeiro
ascenso, e na seguinte paradiña, xa todos veñen coa chaqueta na man e
comentando a calor que fai, a verdade é que o día non pode ser mellor,
non luce o sol pero está un fermoso día, moi bo para camiñar.
Chegamos a unha casa abandonada;
abandonada? Iso foi o que pensamos, pero para sorpresa de todos alí
estaba unha familia a que case todos empezaron a saudar, claro, como que
son veciños nosos, que pasan alí os domingos. Por certo tiñan a lareira
acesa, mágoa que non avisáramos -di a dona- pois teríamos unha
empanada. Unha? Non lle chega a nada señora -lle di José- detrás
ven un rexemento deles defamados.
Si, a pregunta agora é canto tarda para
xantar ,que teñen moita fame. Aproveito para facer unha foto de Benito,
David e Tino. "Sen barriga (di David) porque xa di meu
pai, que máis que andar, dedicámonos a comer.
Seguimos o noso sendeiro e chegamos a unhas
enormes
rochas, e nunha delas hai unha Cruz,
que representa a morte de unha veciña do Valadouro que foi asasinada
cando ía para Mondoñedo.
Quen me chama? É José
("Cachas"para todos) que me trae algo na man. Que
bicho é este? Tremendo achégome a el porque me temo o peor, é que
si vos confeso algo, algún bicharraco prodúceme pavor. Para miña
sorpresa é unha ra,"que non escape, unha foto", pero
alá vai, dando un gran salto escapa. "Collela, collela".
Todos intentando cazar a ra. Por fin, agora si, xa está plasmada nunha
foto e de recordo no albúm dos Sendeiros.
Outra subida, nun pequeno repeito ven un
tronco e alí se sentan: José,
Julita, Mª José, Silvano, David, Toñi e Javier. Que pena non estean
todos, xa faciamos a foto de grupo, porque o final vamos ir sen ela. Canto
falta? esa é a pregunta. Aínda queda arredor dunha hora e media, así
que hai que seguir.
E, así, pasiño a pasiño os que vamos en
cabeza chegamos o final, pero.. .recibo unha noticia de José Luís,
faltan dúas persoas, Eva
e Aida, que non cunda o pánico, a través do teléfono conseguimos
localizalas, non pasa nada, un despiste nun cruce, elas mesmas chegan as
casas de Coubeira
e dende aquí vanse o restaurante, ou sexa, que despois de todo chegan
antes ca nós.
Con un pequeno retraso chegamos o Montero,
debemos estar todos famélicos porque cando chego xa están todos sentados
á mesa, iso si, comentando as anécdotas do día entre bocado e bocado
.Para rematar o presi propón un brindis por tódalas mulleres, hoxe é o
día da Muller Traballadora, e xa sen más emprendemos o regreso a casa.
Ei!!deso nada, de aquí non nos vamos
sen quitar a foto
de grupo, así que abordamos o xardín pero non nos vamos sen ela,
so faltaría non ter o recordo do día adicado o socio. Agora si, xa
podemos irnos, anda, pero eu pensei ían moi cansos despois da camiñada,
pero parece que non, aínda queren que os deixe o bus no Recreo, non che
digo, o vindeiro día faremos a ruta un pouco máis longa.
Nada más benqueridos amigos e compañeiros,
o meu maior desexo é que sigamos unidos neste sendeiro da vida e que no
seu percorrido vaiamos fomentando unhos lazos de amizade e compañeirismo
que iluminen o noso camiño.
Moitas grazas, unha aperta desta guía, que
con erros e acertos, sempre intenta que cheguemos a bo porto.
Ana
|