Powered by Wikiloc
 
 
 

>  

 

Crónica

BELEN DE CUMES 2025

Como xa é tradición, a nosa última saída do ano é para colocar o Belén de cumes, nesta ocasión iremos ata o veciño concello de Alfoz, ao pico Pedrouzo.

Concentrámonos en Ferreira para compartir coches e dirixirnos ao lugar dó inicio do roteiro de hoxe. Puntuais como sempre, arrincamos a caravana de coches, cara ao punto de inicio do roteiro, subindo parecemos unha serpe multicolor. Como o día esta frio e inestable decidimos subir cos coches ata preto da cima, e así cun pequeno paseo chegar ao lugar elixido para deixar todo o nadal este fermoso nacemento. Os máis novos son os encargados de colocar as figuras, só colocaremos unha pequena parte. Ó remate, como fai unha brisa fría, decidimos baixar un pouco para buscar abrigo e así poder brindar e celebrar estas festas.

Felices festas a todos, que o próximo ano sigamos gozando xuntos das nosas saídas.

Bo Nadal.

Morís.