Crónica

ENCONTRO A PONTENOVA 2022.

O día 7 de maio de 2022, participamos na XIII Concentración de asociacións de sendeirismo e tempo libre de Galicia e Asturias, en A Pontenova, “creo que non fallamos ano”, e o tempo non pode estar mellor.


Percorrendo a opcional: Ruta Da Seimeira máis o último tramo de As Reigadas (8,6 Km) de dificultade media, xa que o percorrido programado Ruta De As Reigadas (8,1 km), tiñámola fresca, pola ver feita en decembro.


Empezase a ruta en Sanxés, esculturas de madeira tallada, “bosque animado”, un recuncho máxico (ver noticia), pasando por varios miradoiros con unhas vistas panorámicas fantásticas , muíños, seimeiras, capelas e lugares de interese etnográfico (Vilarxuvín), despois enlaza coa ruta das Reigadas, pasando varias pontes sobre o río do mesmo nome e pola Ferrería de Bogo, un pouco máis adiante esperan os bus para o regreso a A Pontenova , dende nos xuntaremos para xantar, nos optamos por un “super “ bocadillo de calamares “hai que compartilo, non queda outra”, por certo riquísimo, da Cafetería Casa da Cultura.


Todo seguindo o programa da organización, para remate sorteo de agasallos, sempre toca algo.


Deixamos a tirolina para outra ocasión, xa que este ano é a novidade e ía a ir moita xente…( derannós un vale descontó, por participar)
Un café na "Cafetería A Esquina" acompañando a sobremesa , mercamos unhas prantas o saír que nos gustaron na Florestería do lado, e de regreso para casiña.....

Un saúdo.

Nelli.