>
Crónica
Sábados de verán: Ruta Río Ouro
Para este primeiro roteiro de agosto, dirixirémonos ata Fazouro, onde faremos unha variante circular do roteiro do río Ouro, a cal nos achegará a Trasmonte.
Xuntámonos ás 9:00h na área
recreativa Dá Ponte de Ferro,
facémonos a foto de grupo, damos
unhas breves explicacións do
roteiro e comezamos a camiñar.
Saímos en dirección á Obra Pía,
para seguir bordeando a ría cara
á Ponte Vella, pero antes de
chegar desviámonos cara á
esquerda dirección A Casanova,
onde nos iremos penetrando no
bosque, como non de eucaliptos,
esta primeira parte é por unha
pista de saburra, con moi bo
firme, sempre ascendendo, o que
nos levará ata Trasmonte. Nada
mais entrar desviámonos á
dereita, descendendo por unha
pista flanqueada por castiñeiros
e con herba no chan, o que fai
un bo camiñar, este camiño
leváranos ata o río Ouro, xusto
ao acceso á fervenza de Pousada,
é neste punto onde faremos a
parada para comer algo e repoñer
forzas. Desde aquí descendemos o
curso do Ouro, á nosa dereita a
canle que recolle a auga para a
traída de Foz, e á esquerda o
río Ouro. Esta parte do roteiro
é moi fermosa, o rumor da auga,
a vexetación exuberante,
bríndannos un paseo moi
relaxante. Así paso a paso
chegamos a Fazouro, ao lugar no
que iniciamos a camiñata.
Grazas a todos por este fermoso
día e ata a próxima.
Un saúdo
Morís.