Crónica
Hoxe facíamos Os Sendeiros de
Foz, a primeira ruta do ano 2009, aínda que alguns tíñamos a resaca da "6ª festa do Berberecho"
que celebramos a víspera. Un sábado cheo de delicia polas
ruas da vila. Todos os restaurantes, cafeterias e bares ofrecían de
diversas formas o preciado molusco. A carpa instalada no peirao foi un
fervedoiro de xente chegada de distintos lugares para a degustación do
berberecho: en empanada, en arroz caldoso, en salsa verde, á mariñeira,
etc. Charangas, grupos de gaitas e a Tuna de Veterinaria de Lugo animaron durante toda a xornada.
Pero ben, o noso é que despois de tanta festa ás nove da mañá do domingo
estábamos como uns campións diante do concello para facer a 1ª ruta do
ano. É a terceira vez que partimos dende o Concello camiñando, as duas primeiras
se vos acordades foron no ano 2004, ¡xá choveo! Cando fixemos ó Andareiro
2 ruta Cornería e Andareiro
3 ruta A Frouxeira, quen iba decir que íamos a chegar a
donde chegamos. Un dez para todos os que formamos a Asociación.
Ás nove
e dez partimos, despois de deixar os macutos no autobus, pola rua Alvaro
Cunqueiro e cruzamos a Avenida da Mariña para coller a Senda de Malates
que nos vai levando a carón da ria de Foz e fainos pasar por A Granda, un
fermoso piñeiral, lugar emblemático de Foz
polos recordos entre a xente do
pobo por ser o lugar do primeiro campo de futbol da Vila.
O grupo que
formamos 45 persoas, chegamos ao alto de Mañente, pasando antes á beira
da Fonte da
Paz. Collemos á dereita unha pista que nos sigue deleitando
ó seu paso coas fermosas vistas da ria, a ponte do FEVE e como fondo a
ribeira de Barreiros, concello veciño. Esta pista acércanos á parte
baixa da Costa do Parente, cruzamos a estrada nacional para adentrarnos
pola parroquia de Vilaronte que por unha pista achéganos á dormida e
silenciosa A Espiñeira, lugar dun encanto especial, a súa Praza, cita
unha vez ao ano da feria de gando, coa capela na honra da virxe do Pilar; a
fonte das Augas Santas, o fogar familiar de Luisa e Santiago, en fin un
conxunto para o recordo.
Ao pé da fonte collemos a senda para cruzar polo
medio do monte de eucalitos e piñeiros que facían encher os pulmóns de
aire fresco mesturado coa fragancia que desprenden as árbores. O camiño
vai discurrindo cheo de sorrisos entre a expedición dos Sendeiros para
sair ás praderias ben coidadas de Celeiro de Mariñaos. Podemos ollar
grandes caserios, cabozos , unha boa cabana de gando e, como non, o lugar
querido dos focenses "Os
Loureiros" , onde anos atrás moitos
romeiros ían en barca dende Foz
ata este paraxe para despedir o veran.
Subían coa marea chea e tiñan que esperar de novo o enchente para o
regreso a casa, unha pena que non perdurara no tempo.
Pero nós seguimos
camiñando levando o rio Masma a esquerda disfrutando da beleza que temos
diante, ao fondo a ponte, o pobo de Celeiro, vacas pastando, ata
laranxas xantamos. De novo o camiño achegámonos a beira do rio ata
chegar a fermosa presa e muiño de Fontela, verdadeiramente unha paraxe
fermoso onde as haxa, neste curruncho facemos un reagrupamento despois de
levar camiñando unhas tres horas.
Repoñemos forzas, un grolo de auga, un
conto que outro e reemprendemos o camiño. Este tramo discorre preto do
rio por un sendeiro de pescadores que da a facilidade de disfrutar da
beleza deste rio Masma. O sendeiro obriga a ir serpenteando a suas
ribeiras e contemplar as suas augas limpas que deixan ollar o seo fondo.
Pasamos do sendeiro de pescadores e, de novo a pista forestal que nos
achega á Central Eléctrica do Pozo do Capitán que empezou a funcionar
en 1907 e deixou de dar servicio no ano 1981, decir que as instalacións
seguen como si non pasara o tempo por elas. Nesta Central Eléctrica e o
punto derradeiro da ruta "Río Masma", que ten rexistrada o
Concello de Barreiros, pero Os Sendeiros de Foz seguimos para diante e de
novo retomamos a pista que empeza a alonxarnos do rio pero as vistas
siguen sendo moi bonitas e sobre todo un remanso de paz que che vai
envolvendo o corpo que fai esquencer o cansanzo que levamos.
Xa a estas
alturas o grupo vai estirandose igual que uhna goma, na cola quedamos os
de sempre, mais ó menos, pero animándonos uns a outros vamos indo e
disfrutando da paisaxe. Comezamos a ver alguhnas casas ao fondo do camiño
que facia presaxiar que a meta estaba moi cerquiña.
Pasamos diante dun
grandioso palmeral, cousa extrana nesta Galicia, comentan algúns
compañeiros que e unha plantación de Cabaleiro que se adica a venta de
todo tipo de plantas.
Seguimos camiñando, subindo unha pequena costa que
nos leva ao alto da Cazolga, parroquia que pertence ao Concello de
Lourenzá, agrícola e gandeira, goza dunha fermosa área recreativa á
beira do rio Masma acompañada dunha xoia da construcción de outra
época, como é a ponte que cruza o rio.
A unha e media, chegamos os
derradeiros Sendeiros, xá estaba esperando o resto do grupo para facer a
fotografía de costume tendo como testigo o fermoso marco que fai o rio, a
área recreativa e a ponte, todo un luxo.
Ás duas todos un pouco
arranchados collemos o autobus e a rumbo pasando por Lourenzá camiño do
bo xantar que estaba esperándonos no restaurante O Asador en
Barreiros.
Bo xantar, boa compaña, boa camaraderia, que mais se pode pedir para o
remate dunha mañá de senderismo.
Ao redor das catro e media chegamos a
Foz, contentos si, pero algo cansos.
Ata sempre.
José
Luis.
|