Crónica
ANDAINA SOLIDARIA A PONTENOVA 2026
Nesta ocasión desprazámonos ata A Pontenova, para participar nunha bonita iniciativa, un roteiro de sendeirismo para sensibilizar e facer visible, unha desas enfermidades raras, o déficit de Alfa-1 Antitripsina e a EPOC.
Concentrámonos na praza dos Fornos da Pontenova, tras unhas breves palabras subimos aos autobuses que nos achegarán ao punto de partida. O roteiro escollido é a do ferrocarril desde San Tirso ata A Pontenova, roteiro doado cómodo e moi bonito, discorre polo trazado do antigo tren mineiro. O día está magnifico sol e boa temperatura, baixamos dos autobuses e comezamos a camiñar, xa ao pouco de comezar recíbenos o primeiro túnel, dos varios que temos ao longo do percorrido, esta escavado na roca e ten iluminación, o cal nos permite camiñar con certeza. O rumor das augas bravas do río Eo acompáñanos, e fai a camiñada máis agradable e relaxante, á vez que refresca o ambiente, imos rodeados dunha vexetación exuberante e dun verde intenso. Cruzamos o río en varios puntos por pontes, xa que o roteiro discorre paralela á canle do río. No percorrido estamos apoiados por voluntarios de protección civil, por se alguén ten unha indisposición. Terminamos o percorrido na praza dos fornos da Pontenova. Neste lugar espéranos a comida de confraternidade, baixo a zona cuberta ao lado do parque infantil. Unha saborosa comida para compartir todos xuntos desta bonita experiencia.
Todo moi ben organizado por Carro de Tarabelo.
Desexamos haber podido animar a estas persoas e contribuír a facer visible o seu problema e que se destinen máis medios e diñeiro para solucionar a súa doencia.
Un saúdo a todos e ata a próxima.
Morís.
