Crónica

 

Hoxe Os Sendeiros fixemos outra camiñada, esta vez por terras de A Pastoriza.
Encomendáronme facer a crónica e coma non podía ser de outra forma, non me pode negar, faltaría máis.
Pois ben oito da mañá partimos de Foz un grupo animoso, hai que dicir, que durmimos unha hora máis polo cambio da hora, e iso notábase nas cara do persoal. O tempo presaxiaba e íamos ter un bo día aunque a temperatura era baixiña uns 3º C tíñamos ao chegar a Meira.
Día de feira no pobo, moito movemento na praza e a carón da igrexa, postos e máis postos de pan, zapatos, verduras, casetas facendo churros, algúns aínda chegamos para probalo, ferramenta, en fin de todo un pouco. Tíñamos media hora para votar unha ollada e tomar un café antes de partir para facer a ruta que ese era o cometido.

Augas de Fonmiñá Augas de Fonmiñá Augas de Fonmiñá Augas de Fonmiñá


Ás dez máis o menos o grupo partimos de Fonmiñá, uns din onde nace o río Miño e outros no Pedregal en Meira. Hai debate. O comezo vai por unha pasarela de madeira que nos vai levando pola área recreativa feita no entorno da fonte Fonmiñá, A xeada era boa, pero camiñando faise máis leve. Xa de preto deixamos o río e a campiña empeza a ser a nosa compañeira. Se din que o Concello de A Pastoriza pode que sexa o maior produtor de leite de Galicia, a min non me estraña, grandes extensións de terreo son debido a concentración parcelaria feita aló polos anos 1960, Vacas, ovellas, cabras, cabalos, son o mosaico que por esas terras se poden ollar. Terra toda ela chan e lembradas de millo, e praderías inmensas a longo das pistas que fan que o percorrido sexa moi livián para os camiñantes.


O camiño acércanos a ponte de Miñota, un pouco descoidada, unha verdadeira pena non poder disfrutar dela, poder sacarlle unha fotografía con o río Miño ao seu paso por ela.

Augas de Fonmiñá Augas de Fonmiñá Augas de Fonmiñá Augas de Fonmiñá


As augas de pequenos regatos coma o rego de Piñeiro, o el rego de Xixín van agrandando ao Miño, formando na parroquia de Baltar, punto final da ruta, un área recreativa habilitada coma praia fluvial, a Riboira, cun merendero e pequeno embarcadero.


Ao redor da unha e media rematamos a ruta, sorprendidos un pouco por que pensamos que a rematamos axiña. Limpamos as botas, roupa limpa, e coma sempre a foto oficial do grupo. Unha vez feitos os requisitos pertinentes, de volta no autobús cara a capitalidade do concello A Pastoriza.
Divididos en varios grupos foimos a tomar uns viños polas tabernas do lugar, facendo un pouco de tempo para o xantar no restaurante O Castro.
O Castro, un lugar recomendable para outras ocasións, moi amables no trato, nos serviron Uns entremeses, Carne de terneira rachea en rolla, postre, viño e café. Uns risos, contos e ás cinco da tarde damos por rematada a aventura por Terra Chá.


Chegamos a Foz as seis da tarde, despois de pasar un domingo distinto a outros.


Un saúdo
Antonio