Crónica
XXXI Marcha Galega de Montañeiros Veteranos 2019.
Nesta ocasión, a
organización corre de mans de
Montañeiros Celtas, colleron un
roteiro moi bonito en Ribas do
sil, a roteiro dá Cubela.
Reunímonos en Castro de Abaixo,
para en bus ir ao lugar de
partida escollido, que será en
Torbeo, baixámonos do bus e
dirixímonos á súa igrexa, para
facer unha visita guiada,
despois comezamos a camiñar,
saímos do pobo por un camiño
ancho seguindo as marcas do
roteiro e ao chegar ao primeiro
desvío á dereita, paramos diante
do panel explicativo, e o
tenente alcalde de Ribas do Sil,
dános unha breve explicación, do
xeoparque e do roteiro. Toca
descender ata Cubela, e durante
a baixada gozar das preciosas
vistas da zona, así como do
meandro da Cubela no río Sil,
que dá nome e é a imaxe do
roteiro. Atravesamos Cubela, e
continuamos por un carreiro moi
cómodo, bordeando o Sil en
dirección Castro de Abaixo. É
unha marcha moi agradable,
rodeados dunha vexetación
exuberante, verde intenso pero
que empeza a ensinar eses tons
ocre que anuncian a chegada do
outono, durante o roteiro
aproveitamos para comer uvas,
madroños, mazás, que
recentemente colleitas prestan
moito, xa amosan os ourizos os
castiñeiros, estan cargados, que
cando maduren nuns días
regalárannos ese rico e salvador
froito. Asi pasito a pasito
gozando das vistas dende os
numerosos miradoiros ao longo do
camiño chegamos a Castro de
Abaixo, onde poñeremos punto e
final á marcha de hoxe.
Dirixímonos a Sanclodio, para
facer a comida de
confraternidade, no restaurante
as Vegas, espéranos unha cata de
viños da zona, moi ben
explicada, despois veu a comida,
entrega de agasallos a
participantes e homenaxeados.
Concluído todo toca despedirnos
e emprazarnos para a próxima.
Grazas aos organizadores, por
todo, o roteiro, o trato
recibido.
Un saúdo.
Morís.