Crónica
Con o ánimo de sempre partimos de Foz
32 sendeiros para pasar o día por terras das Rías
Altas. Notóuse a falla de David,
que o temos lesionado, que se mellore para que poida voltar pronto ao
grupo.
Como non podía ser de outra forma dende un tempo atrás,
o ceo tíñamolo cheo de nubes negras que facía presiaxar un andareiro
con choiva. Os máis optimistas con a boca pequena dixemos que hoxe non
ía chover. Facía moito calor e vento do vendabal.
Á hora prevista partimos na dirección de Ortigueira,
non sin antes coller ós andareiros de Fazouro;
pasamos por Burela, Xove,
Viveiro, e chegando a
Vicedo
comezan as primeiras gotas de choiva, que xa no nos deixa ate a chegada a San
Andrés de Teixido.
A San Adrián, parroquia de Ortigueira,
chegamos as 10 da mañan; baixamos de autobús con chubasqueiros postos,
pois a mañán non estaba para bromas. Fomos a unha taberna a tomar o
café de costume, e ao mesmo tempo ollar si paraba un pouco a auga que
caía. Non podía facerse máis a espera, e con un bon augaceiro
emprendemos a marcha as 10,45 h. A esquerda da taberna collemos por unha
pista un pouco empinada que nos vai adentrando polo medio dun eucaliptal
¡segue a choiva!, a ruta non é dificil; ten unhas pendentes suaves e
chaos, pasamos pola parroquia de Biduido, íamos anegados de auga por
todolos costados. Seguimos a camiñata e comezan a verse vacas e cabalos
soltos pacendo libres pola campiña; o camiño vai cruzando uns prados e
de seguido atopámonos cunha estrada que nos leva a beira do Cruceiro de Teixidelo,
onde se atopa o amilladoiro
mais grande do camiño. Neste lugar tan alto notábase moito máis o vento,
merece a pena unha paradiña para o disfrute do belo paisaxe. Dende eiquí
vamos en costa abaixo, e sin choiva. Ainda faltaba un kilómetro para
chegar a San
Andrés de Teixido.
|