Crónica
O roteiro que estaba programado para o día de hoxe era á
Ferrería de Bois, en As Nogais (Lugo), pero cando foi inspeccionalo o
grupo que habitualmente fai esa importante labor encontrouse coa
desagradable sorpresa de que o sendeiro estaba abandonado e impracticable.
Así que, con moi bo tino, a directiva de Os Sendeiros decidiu que
fixeramos un roteiro distinto e optou por unha etapa do Camiño Francés
de Santiago: Triacastela -
Sarria.
Así foi como o grupo de 32 sendeiristas nos dispuxemos a
ser peregrins por un día. Faltaron algúns dos habituais pero, en troques,
viñeron os nosos socios que nos acompañan cada verán e algún outro que
quixo disfrutar con nos de un día de sendeirismo.
Chuviscaba cando saímos de Foz as oito da mañá,
algo que ultimamente e habitual nas nosas marchas. En Triacastela estaba
un pouquiño o ceo estaba un pouquiño máis claro, pero caeron unhas
pingas cando íamos comezar o percorrido ás dez e cuarto da mañá. Así
que non quedou mais remedio que petrecharse con os chuvasqueiros e
paraugas. Saímos en dirección Samos camiñando un treito pola estrada
xeral, ate que cruzamos a dereita para incorporarnos a un camiño que se
adentraba a través de labradíos, aldeas, e fragas de carballos,
castiñeiros, abedules e abundantes frutales. Ao mesmo tempo parou de
chover, o que axudou a que disfrutaramos de tan exuberante beleza.
Así vamos camiñando á vez que charlando, do tempo, da
sardiñada do día anterior en Marzán; algún que outro chiste e ate
algún e algunha votaron un cantarín. Íamos pasando por aldeas e grupos
de casas sen ningún letreiro que nos indicase o seu nome. Tan só algunha,
como Freituxe estaba identificada. O mesmo ocorría coas diversas ermidas
que atopamos no camiño.
Chamaba a atención a abundancia e diversidade de
frutales: moitas maceiras, ameixeiras, pexegueiros, noceiras, castiñeiros,
e ate vimos membrillos. Apañamos claudias dunha árbore á beira do
camiño. Estaban moi doces e ata enchemos os petos. Antes de baixar á
vila de Samos
chegamos a un mirador dende o que se podía ver o Mosteiro
de Samos. Quedamos abraiados con esta primeira vista de tan grandioso
monumento.
Unha vez na vila, aproveitamos para aprovisionarnos
de víveres, tomar uns chanqueiros e por suposto visitar o mosteiro. O
monxe que fixo de guía explicou amplamente a historia deste lugar, as
súas características e curiosidades. Vale a pena a visita a esta
marabilla que temos en Galicia, e que forma parte do amplísimo patrimonio
artístico, cultural e histórico de esta España nosa.
Despois da visita emprendemos a marcha cara a Sarria, cando xa eran as dúas da tarde. Algúns tiñamos mais fame que
gañas de camiñar, pero somos moi disciplinados e seguimos as directrices
dos responsables do grupo. Camiñamos outro treito pola beira da carretera
ata que collemos unha pista a dereita que nos volveu a adentrar na
bucólica paisaxe desta terra que rezuma verdor. As tres da tarde chegamos
a un prado á beira dun río con boas árbores que proporcionaban sombra.
Alí nos acomodamos para xantar, tal como si estivéramos na xira ós
Loureiros.
Despois de unha media hora de parada reempredemos a marcha
e empezamos a sentir o cansazo. Non sei que ten, pero despois de comer
apetece mais unha sesta que camiñar. Pero hai que seguir adiante, e así
o fixemos ate que as cinco da tarde chegamos a un albergue privado chamado
Paloma e Leña. Unha marabilla de albergue. Alí tomamos café, refrescos
e tombámonos a bartola dispostos a non dar un paso mais ¡Que veña o
autobús buscarnos! Pero non valeron de nada estas queixas, chegou o
Presidente e púxonos a todos firmes. ¡Veña que quedan dous kilómetros!
¡Avante para Sarria! E demos avante ate chegar a
Sarria as seis da
tarde.
Eu xa prefería pousar a lingua antes que os pes de
rebentado que ía. Luís, o chofer do autobús, escarallábase á risa o
vernos chegar porque algún estabamos ben escadrilados. Despois de cambiar
as camisetas e os calcetíns e tomar unhas cañas, cafés ou refrescos
saímos cara a Foz. O volante, Luís e meténdolle présa, Ana. Os demais
abroncando a Ana: Non apures a chofer, que xa se apura el solo. E así
entre risas esquecemos o cansazo e escomenzaron os cantos. Foi unha viaxe
de volta abondosa en cantos, de todos os estilos: cantos de excursión,
boleros, dos anos sesenta, dos oitenta , modernos, de Manolo Escobar,
flamenco...
E así chegamos con ben a Foz
cando eran as 8 da tarde
despois de disfrutar e haber sido pelegríns por un día.
David Méndez.
|