Crónica
Nesta ocasión
imos percorrer un treito da
denominada senda verde da auga
en Aviles. Partiremos da igrexa
de Molleda e remataremos en
Carcedo uns 18Km despois. Senda
doada de camiñar, cun firme
regular composto na súa maioría
de zaorra, outra parte esta
asfaltada e outros treitos son
por camiños de montes.
Esta ruta recibe este nome, por
discorrer na súa maioría
paralela a canle que trae auga a
antiga Ensaiádeas e a Avilés.
Parte do rio Marcea a uns 30Km,
e atravesa vales mediante longos
acuedutos, e montañas con longos
túneles de mais de 5Km. Foi a
obra de enxeñería hidráulica
mais importante de metade do
século pasado, e rematouse en 32
meses.
Comezamos a camiñata as 10 da
maña, nun día precioso para
camiñar, boa temperatura e ceo
anubrado. Dende o alto dos
outeiros puídemos ollar na
lejania, a factoría de Arcelor,
Aviles e o seu porto, Salinas e
tódalas aldeas que nesta parte
de Asturias cobren estes vales,
sentimos sobre as nosas cabezas
o ruído dos avións aterrando no
aeroporto cércano, parecía que
os podiamos coller cas mans.
No camiño fomos atravesando
numerosas aldeas, nas que
puídemos ollar as construcións
típicas asturianas. Reparamos en
como estaban pintados os
lavadoiros comunitarios, tiñan
todas as cores do arco da vella.
E así pasiño a pasiño, falando
os cos outros, facendo algunha
foto de recordo, xa percorremos
2/3 da ruta de hoxe, o que nos
achega a Pillarno, onde
repoñeremos forzas para poder
continuar. Dende este punto
encaramos o treito final de hoxe,
no atravesamos acuedutos longos
e fermosos, que nos facilitaran
outro punto de vista destes
vales que atravesan.
Bueno xa chega a hora de xantar,
as tripas roxen pedindo
alimento. Recolleunos o bus na
gasolineira de Carcedo, para
achegarnos o Alto do Praviano
que é o lugar elixido para
xantar.
Unha vez degustadas as viandas,
collemos de novo o autobús, que
nos levara ata Arnao, lugar onde
se atopa o museo da mina. Dannos
unha explicación do alí exposto,
para a continuación descender o
interior da mina que se atopa
debaixo, no percorrido polas
galerías da mina, entibadas con
ladrillo, fannos ver como sería
a vida dos mineiros desta
explotación no século dezanove.
Esta é a primeira mina de carbón
de España, está documentada a
petición de permiso do século
dezaseis, de mans dun frade,
pero non é ata o século dezanove
cando de mans dos belgas
explotase de forma mais
intensiva, pechando a comezos do
século vinte.
Xa a tardiña comezamos o camiño
de regreso a casa.
Alvaro.