Crónica
Como se di?,Que fas este finde? Toca saída cos Sendeiros, pola provincia de Asturias, ás sete e media, unhas trinta persoas imos dirección Santalla, para percorrer Ruta Da Coba, despois de facer unha paradiña para almorzar na Casa Pedro, diriximos atá o noso punto de partida Nonide.
Unha camiñata ben sinalizada,
cunha paisaxe montañoso,
vexetación autóctona, e nesta
época do ano na que nos
encontramos cun variado e alegre
colorido, vemos construción
típicas dá zoa, unhas en restos
e outras en fase de
reconstrución, bordeando
marabillosos vales, e o carón de
varios ríos, para úns unha ruta
dura (deron algo á baixa), e
para outros non tal, vistas
panóramicas sen palabras para
describilo hai que velo (si hai
maniotas e sintes dor, hai
vida).
Con anecdotas que non poden
faltar nas nosas marchas, "son a
esencia", unhos berros de morte
por ver unha serpe, ataques de
risa por arrolar polo
monte,.....pero sen lamentar
dános.
Polo camiño tomamos algunha que
outra parva pola nosa conta, dás
que nos ofrece a natureza, e
onde saen ás exclamacións do
mais fondo do corazón isto se
que é froita!, non é por fame,
máis ben porque chaman a
votarlle a mán, presta a gloria
divina.
Xantamos na área recreativa de
Ferreira, un lugar de baño o
carón do Río, e despois ollamos
a aldea e un remanso de paz, con
fervenza de fondo e fonte para
refrescarse, regresamos atá o
cruzamento de Parada onde nos
recolle o bus, unha paradiña
para tomar algo en Vegadeo,
antes de regresar a destino Foz.
Gozamos dun caloroso día, para
ir collendo algo de cor, e como
non, en moi grata compaña, para
repetir....Ben levado o equipo,…
¡Bravo Luciano!
NF