Powered by Wikiloc

Crónica

VIII ENCONTRO ASTUR-GALAICO, NAVIA.


Unha vez mais e xa van oito, xuntámonos clubs e asociacións de Asturias e Galicia, na localidade asturiana de Navia.


Os amigos de Peña Furada, para esta ocasión escolleron tres fermosas rutas polo concello, cada unha cunha dificultade distinta, e todas doadas.


Unha turística pola vila para coñecer a súa historia, outra que se achegaría o litoral para gozar desa paisaxe, e unha terceira mais longa e un pouco mais custosa, que nos levaría ó pico Jarrio, para dende alí ter unhas fermosas vistas da rasa costeira asturiana e galega, así como do interior do concello e concellos limítrofes, fermosas vistas de vales e montañas. Esta discorreu por fermosas congostras e camiños, cubertos dun fermoso follaxe, que nesta época do ano, o outono, tiña prados e camiños tapizados dun fermoso manto de follas de distintas cores. Con que suavidade se camiña por ese tapiz de follas, que ledicia ir camiñando en grata compañía sentindo o murmullo dos cursos dos regatos que nos acompañaron o longo da ruta.

 20161113_111804  20161113_121922  20161113_123119  20161113_133852


Cando chegamos o Pico Jarrio tiñamos esperándonos o avituallamento, que bo estaba, e que vistas tan espectaculares dende el, a costa asturiana e galega por un lado, Navia e a súa papeleira por outro, o fondo todas as montañas que nos rodean. Rematada a parada, descendemos ata Navia, fin da marcha de hoxe, lugar onde imos xantar todos os participantes xuntos, e así cun xantar e baile de confraternidade pasou este día tan fermoso, aínda que non tivemos sol.


Noso agradecemento os organizadores polo trato recibido e polo ben organizado que estivo o encontro.
Un saúdo, e ata a próxima.


Morís.