Crónica
Venres, 11 de Maio
Outro ano máis
OS Sendeiros emprendemos viaxe
de fin de semana. Ás tres da
tarde partimos de Foz co gañas
de pasar uns días de delicia e
de amizade.
Fixemos a primeira paradiña en
Unquera, pobo que fai límite con
Asturias, tomamos uns cafés
unhas garabatas e, tamén estirar
un pouquiño as pernas.
De novo na estrada, unha néboa
espesa facía non poder ollar a
paisaxe que tíñamos diante. Os
máis temerosos xa pensábamos que
o fin de semana sería pasado por
auga. Ao redor das nove da noite
chegamos a Bilbao ruando o
autobús da man de Luis,
impresionante coma manexa polo
medio da cidade, ata chegar a os
Jardines de Albía onde se atopa
o Hotel Husa Jardines de Albía,
un estupendo hotel, con todas as
comodidades e moi céntrico. Moi
recomendable.
Nada máis chegar facemos a
recollida de chaves, e aínda
houbo tempo antes da cea
Facer un pequeno paseo e tomar
un Chacolí ou un Zurito (corto
de cervexa).
De volta a hotel, cear, e algún
aínda saíron a tomar unha copa
antes de deitarse. Os demais a
cama que o día foi moi largo, e
mañá toca camiñada.
Sábado,12 de Maio
Ao Carón da ría de Bilbao e o mar
“Un inglés
vino a Bilbao, por ver la ría y
el mar, pero al ver las ……” E
iso fixemos Os Sendeiros este
día, a ruta Las Arenas –
Sopelana.
Saímos as oito e media de
Bilbao, aínda non despertara a
cidade e nos collíamos o autobús
nos Jardines de Albía, algún
tiñan a cara de durmir pouco.
Noso compañeiro e amigo Lolo,
artífice da idea da ruta, estaba
a hora en punto esperándonos
para facilitar a saída de Bilbao
e achegarnos a Las Arenas punto
de partida da camiñada.
Antes de comezar a camiñada uns
decidimos subir ao maxestoso
Puente Colgante e cruzar a ría e
visitar Portugalete, a volta
fixémola en lancha. Unha
uufermosa experiencia despois de
tantos anos oír falar do famoso
Puente Colgante. Outros
compañeiros decidiron dar un
paseo pola fermosa localidade.
Ás dez en punto partimos polo
paseo marítimo de Las Arenas ,
xa estaba o paseo cheo de xente
facendo deporte: Bicicleta,
Patíns, correndo, camiñando, a
verdade unha fermosa estampa.
Seguimos polo paseo e vamos
deixando noutro marxen da ría as
famosas vilas de Portugalete e
Santurce e adentrándonos na
localidade de Getxo co seu porto
naútico e a Praia Eregea, que
neste día tiñan os cativos uns
campionatos de voley bol. Pais e
nais compartían entre risos as
vivencias deportivas dos seus
fillos.
O paseo fainos
disfrutar das impresionantes
mansións, que temos a dereita do
camiño, xardíns, magníficas
fachadas, e ben coidadas.
Pasamos diante do fermoso areal
Arriguaga onde de novo podemos
ollar a xente xóvenes e menos
xóvenes na práctica de Bateis,
piraguas, e remo.
O camiño transcorre polo mesmo
paseo que nos achega ao náutico
de Aixerrota, unha morea de
iates cubre a porto náutico.
Ao remate do náutico e o comezo
da vila de Algorta, un pobo que
naceu da beira do mar, mariñeiro
por excelencia pero que medrando
moito hacia o alto do
acantilado, creando un
verdadeiro balcón mirando ao
mar. Neste pobo de Algorta aínda
hoxe se pode disfrutar na súa
ensela antiga moi ben conservada
Puerto Viejo, Facemos unha
paradiña e facemos a foto do
grupo. Un lugar pequeno pero con
moito encanto: rúas estreitas,
costudo, a súa praza, en fin
para voltar a visitar.
En Puerto Viejo e onde
abandonamos o paseo e polas
pequenas rúas o cruzamos para
coller o sendeiro que nos achega
a Praia de Areaga, ao mesmo
tempo que nos vai aloxando da
fermosa ría de Bilbao. Seguimos
pola senda e pasamos a o carón
da praia Azcorri, onde ai unas
belas urbanizacións e, vamos ata
un fermoso muíño de vento
hoxendía habilitado coma
restaurante,para chegar a un
fermoso acantilado chamado a
Punta Galea , Onde se atopa o
fuerte Galea . A partir de aquí
entramos no concello de Sopelana,
e vamos polo paseo que vai ao
lado do campo de golf a dereita
e a esquerda collemos con a mao
o grandioso Mar cantábrico. O
sendeiro ben coidado vai a
mergullarnos na Praia chamada
Salvaje, Onde se podo ver a
práctica do parapente, e do surf
a moitísimo xente.
Durante todo o recorrido pódese
ver a unha gran cantidade de
xente que fai deporte.
Ben xa un pouco canso e a fame
que non perdoa, xa Luis está
esperándonos no aparcadoiro da
Praia por se alguén quer
cambiarse, e recoller a froita
que levábamos para o xantar.
Xuntámonos na urbanización
Arrietara, no club, onde nos
serviron uns bos bocatas de
queixo, xamón e lomo, unhas
cervexas, auga, refrescos, e de
remate uns cafés e vendo coma
Fernando Alonso facía o 2º no
campionato de Formula 1. A dona
da cafetería darlle as grazas
polo seu ben facer.
Ás catro da tarde, partimos de
Arrietara, cruzamos o pobo de
Sopelana, e algúns coma Álvaro,
Anxo, Aitana e outros que agora
non me acordo, baixaron do
autobús en Sopelana, e foron a
Bilbao no metro.
Ao redor das catro e media
chegamos a hotel, con gañas de
unha ducha e pasear pola cidade.
Cremos que a ruta foi moi bonita
e de fácil camiñar.
Despois da ducha e un pequeno
descanso, cada un fixo o que
máis lle apeteceu : Visitar o
museo Guggenheim, Casco viejo,
paseo pola ría, teatro Arriaga,
Catedral de Santiago, de
compras, de viños e tapas, praza
nova, en fin unha fermosa tarde
para perderse nunha cidade moi
recomendable para visitar. E non
te quedes sen pasar polo Café
IRUÑA, unha pasada de local.
Á dez da noite cea e, de novo a
rúa para tomar unha copa nunha
das fermosas terrazas.
O bo tempo acompañounos todo o
día.
Domingo, 13 de
Maio
Ás 9:45h, despois dun bo almorzo,
saímos do hotel e percorremos
por derradeira vez nesta viaxe,
a cidade de Bilbao, pasando por
diante do museo Guggenheim e o
seu can mais famoso Puppy, do
pazo de congresos e da música,
que din que se asemella a popa
dun barco, e do museo marítimo
ría de Bilbao.
Imos no autobús cara a cova
Pozalagua, no val de Karranza,
onde chegamos as once da maña.
Dirixímonos cara a entrada, alí
agardamos a chegada doutro grupo
para iniciar a visita. É moi
fermosa, debemos destacar dela,
a gran cantidade e variedade, de
estalactitas excéntricas que
conten esta cavidade o que a
afán a segunda do mundo.
Antes de subir o bus, tomamos un
pequeno refrixerio, que nos
permita aguantar ata a hora de
xantar, que o faremos na bonita
vila de Comillas. Disfrutamos
dos seus monumentos, praias,
gastronomía e xentes.
Fixemos unha parada, como non
podía ser doutro xeito, en
Unquera, para mercar as súas
famosas garabatas, que levaremos
coma agasallo, e dende alí
atravesamos Asturias, ata a nosa
parada Habitual, na Lupa, para
poder estirar as pernas.
En Rinlo despedímonos de Ainara,
e entorno as nove da noite,
chegamos o noso destino, Foz,
dando por rematada a nosa viaxe
de fin de semana.
Un saúdo
José Luis e Roberto Morís