Crónica
As sete da mañá partimos de novo Os Sendeiros dende Foz,
ollando para o ceo todo o grupo pois os augurios facíanos pensar que
nalgún momento asomaría a choiva. O grupo compoñámolo 43 sendeiristas;
neste viaxe uníasenos Amelia, unha nova socia madrileña, benvida.
Segundo ían pasando os quilómetros, vimos que o tempo facíase aliado
noso, as oito e media chegamos a Cudillero, facemos unha paradiña para
desayunar no restaurante
Lupa, ao mesmo tempo sorprendemos a nosa Ana
cun doce para felicitarlle o seu cumpreanos. " Felicidades". Eu
creo que se emocionou un pouquiño, ¿o, non? Entre sorrisos e bromas
festexamos o cumpleanos e de novo todos no autobús cara a ruta.
Pasamos polas vilas de Pravia,
Belmonte e no pobo
La Riera
tomamos a estrada a esquerda que nos levará ao porto San
Lorenzo, esta
estrada e estreita e sinuosa, dende La Riera ao alto hai 11 Km., as vistas
que íamos contemplando eran verdadeiramente impresionantes, Pobos
cativos encaramados ás montañas como si foran pegados a elas. Así vamos
subindo no autobús ata chegar ao alto de San
Lorenzo ( 1394m) as once
menos dez da mañán. No alto facía unha brisa fresca que apetecía
poñer un pouco de abrigo no corpo. As once partimos ao carón da senda
que partía dende o mesmo alto cunha entrada non moi fácil de dar con ela.
A senda ten un chan de herba e terra que facilita o camiñar. Nada máis
comezar xa ollamos as primeiras vacas, cabalos, con as súas crías, que
facían unha fermosa postal no entorno natural que o rodea. Sigue a senda
pola ladeira da Serra Verde toda ela cunhas fermosas e abundantes Xestas
en flor, Cardos, panorámicas que impresionan ao grupo, prados cun verde
especial, ben coidados, pobos colgado das cumes. O camiño e chan fácil
de andar, que fai que nos deleitemos mellor do que temos diante dos ollos.
Vamos disfrutando da camiñada, as doce facemos unha paradiña para
repoñer forzas nun lugar paradisíaco e fermoso, despois do pequeno
descanso, cando íamos a comezar de novo, veñen uns homes a cabalo que
cando nos viron descabalgaron dos seus rocines e, sen dubidalo, Marisa
fixo un pequeno paseo a cabalo demostrando as súas dotes de boa amazona,
a verdade que nos deixou a todos atónitos.
Entre contos e contos vamos facendo camiño disfrutando da
natureza que temos ao redor noso. Chegamos a un fermoso val chamado Llanu
Fresqueru que nos leva a coller a esquerda do Picu Monegro unha pista de
terra costa abaixo para achegarnos ao pobo da Bustariega, un dos pobos
máis fermosos, ben conservados e descoñecidos de Somiedo. Este pobo tivo
que ser fai moitos anos un burgo importante polo feito das dimensións das
súas casas e as súas cortes, hórreos. Ten lavadoiro do ano 1923 en
perfecto estado cun gran chorro de auga fría e cristalina; ao lado da
capela encóntrase un Tilo, árbore centenario. As dúas chegamos e foi
onde fixemos o xantar.
Fómonos acomodando cada un onde podía e, entre grolo e
grolo de viño, un cacho de chourizo, o de xamón, empanada, e demais
manxares, o corpo ía collendo as calorías que tíñamos perdidas no
camiño. As dúas e media damos por rematado o xantar, facemos a obrigada
foto do grupo, e pés en pólvora e a seguir a ruta. Iste derradeiro tramo
de catro quilómetros discorre por unha pista de asfalto en pequena costa
abaixo que nos levará ao pobo de Valcárcel, un pobo máis pequeno que
Bustariega, pero cunhas peculiaridades moi parecidas. Uns cambiamos os
calcetíns, outros a camiseta e outros lavámonos a cara na fonte do pobo
do ano 1913.
Unha vez todos arranchados, as tres e media,
emprendemos o regreso a casa no autobús, por certo o chofer chapó,
un artista do volante. Tíñamos pensado parar de novo en Cudillero. Con
unn silencio sepulcral íamos todos derrotados nos asentos ata que alguén
espertaba e avisaba da chegada ao restaurante
Lupa, onde de novo íamos a
festexar un cumpreanos de Ana,
agora a invitación facíala ela a todo o grupo. Tomamos un bo cacho de
tarta e cafés; caras cansadas pero alegría en todas elas. Os Sendeiros
somos moi sufridos.
Emprendemos a marcha e as sete e media chegamos a Foz. A
ruta foi unha ledicia e o tempo espléndido para o seu disfrute.
Ata a próxima
José
Luis
|