CRÓNICA
FIN DE SEMANA NO VAL DO JERTE
PRIMEIRO DÍA.
Chovía, e ben, o
venres 26 de Marzo cando os
sendeiristas que íamos dispostos a pasar unha fin de semana por terras
de
Salamanca e
Extremadura nos achegamos fronte a Casa do Concello de
Foz para
embarcar no autobús que nos ía levar alá. Uns meteronse no bar para
abrigarse e outros debaixo dos aleiros dos edificios.
Pero puntualmente
chegou o autobús e embarcamos rápidamente. Despóis de comprobar que non
faltaba ninguén,
Ana mandou arrancar.
Ia ser unha xornada
sin mais transcendencia que a propia viaxe, larga e cansada con unha
parada a metade de camiño para verter augas e tomar algo. O resto da
viaxe transcorreo sen novidade, entre charlas e películas do noso
compañeiro
Luciano sobor os carnavais de anos atrás; quede esto claro, non vaia
ser que os da
SGAE
pensen outra cousa.
Cando íamos por
Salamanca, volveron a caer uns chubascos e xa nos preocupaba que
seguira así o tempo para a marcha do día seguinte.
Por fin chegamos a
Béjar,
ó Hotel Colón.
Rexistrámonos en recepción e fumos ás habitacións para deixar as cousas,
asearnos e rápidamente baixar ó comedor para a cea.
Na cea, xa mais
tranquiliños Os
Sendeiros fixemonos notar coa nosa charla distendida, a nosas risas
e a animación que transmitíamos. O bon xantar e un vasiño de viño tamén
axudaron a animar o ambiente.
Despois da cea, a
maior parte saiu en grupos a dar unha volta para ver un pouco da vila e
tomar algo por ahí. Sen tardar voltamos ó Hotel porque había que
madrugar ó día seguinte e tampouco había moito onde entreterse.
SEGUNDO DÍA
Ruta Cerezo en
Flor (Valle del Jerte)
O Sábado era o día
para a práctica do sendeirismo, e houbo que madrugar. O desayuno estaba
programado para as sete e media da mañan e a saída do autobús para as
oito. E puntualmente estábamos
Os Sendeiros
dando conta de un bó desayuno tipo bufet. Rápidamente nos presentamos no
autobús para emprender a viaxe cara a
Tornavacas que nos levaría aproximadamente unha hora.
Non íamos andar sós,
pois en realidade estábamos a participar na II MARCHA SENDERISTA CEREZO
EN FLOR organizada polo
Grupo
Sendeirista Valle del Jerte. Non íamos participar na marcha enteira
pois nos xa tiñamos programado e encargado o xantar en Jerte, así que
nos separaríamos no lugar coñecido como
Los Pilones.
Xuntamonos fronte á
Igrexa de Tornavacas, dos séculos XVI-XVII e adicada á virxe da
Asunción, que algúns aproveitaron para visitar, e despois de recoller as
acreditacións iniciábamos a marcha ás 09:45 horas.
Vamos percorrendo e
admirando as ruas estreitas ata sair do pobo pasando fronte o
rolo ou picota do Humilladero que data da época medieval, e da
ermida, e xa nos adentramos de súpeto nun camiño que nos conducirá rente
ó río
Jerte, polo val do mesmo nome.
O río corre cheo da
auga, as suas ribeiras verdes, pletóricos de vexetación. Non bancales,
milleiros de cerdeiras a punto de botar a flor, nos campos paz, trinos
dos paxaros, algún cabalo pacendo. Todo beleza. A ringleira de
sendeiristas avanza mentras conversa, mezcla de acentos, extremeño ou
andaluz (non son capaz a distinguilo) outro mais tipo madrileño e
destacando sobre todos, pola diferencia, o galego de
Os Sendeiros.
Penso que lles sorprende a nosa maneira de falar. Alguns preguntan de
onde sómos e tratan de situarnos no
mapa de
España,
cóstalles bastante. Ata o verde pistacho de camisetas e polares
destacaba. Disque se fixeron amizades e se intercambiaron números de
teléfonos.
Os cumios das
montañas presentaban un abondoso
manto de neve que resplandecía co sol do que gozábamos. A paisaxe
era maravillosa e o día perfecto para disfrutar dela. Vamos camiñando
rente ó río que corre cantarín nun tramos no que algunha
presa aproveita a sua forza. O roteiro perfectamente sinalizado
coas marcas de pequeno ou longo percorrido, así como
indicadores de madeira colocados nos cruces dos camiños.
En moitos treitos un
paredón de
pedras tapizadas de musgo flanqueaban o camiño e de cando en vez un
rego nos impedía o paso, obligándonos a facer
equilibrios sobre a pedras para poder cruzar. Aquí unha
ponte mais aló unha
fonte, e o longo val cos seus bancales plantados de cerdeiras
dominando toda a paisaxe.
Facemos unha pequena
parada para reagruparnos e comer algo de fruta, tamen para fotografarnos
uns a outros. Pero enseguida emprendemos a marcha cara a
Jerte. O camiño ándase ben e seguimos a disfrutalo. Atopamos algún
cabalo pacendo, e tamén vacas. Unhas
chumbeiras chámanos a atención pois non é unha planta que esteamos
acostumados a ver. Lástima que non teña figos. De cando en vez atopamos
algunha
cerdeira floreada, incluso leiras enteiras. Vése que axiña estará o
val cuberto dun precioso manto blanco.
Chegamos a Puente
Largo, nas aforas de
Jerte, onde se sitúa unha
Praia fluvial. Pequeno descanso e continuamos o camiño, ahora
subindo. Vamos cara a
Los Pilones. Pero antes temos que pasar polo Mirador del
Chorrero de la Virgen. Neste mirador aproveitamos para facer alguna
que outra fotografía, algunhas subironse a
gran pedra para poder salir tendo como fondo o impresionante salto
de auga coñecido como
Chorrero de la Virgen.
Reiniciamos a marcha
por un camiño en descenso pavimentado de laxas, semellando unha calzada
romana. Enseguida chegaríamos a un lugar de gran beleza:
Los Pilones. Son pozos escavados na pedra pola forza da auga que
baixa con gran forza e estrondo. Gran cantidade de xente estaba
admirando o lugar, facendo fotografías ou simplemente tomando o sol
sobre a s grandes pedras. Pasamos unha estreita ponte e seguimos unha
senda ata chegar a unha
fonte que manaba abundante auga moi fría. Impresionante este lugar
de gran beleza. Volvemos atrás e na área recreativa fixemos a preceptiva
foto de grupo.
Despois de un
pequeno descanso, abandonamos o resto dos grupos que estaban
participando na II MARCHA CEREZO EN FLOR e iniciamos o descenso cara a
Centro de Interpretación, a uns 3 kilómetros. Camiñamos por unha senda
estreita que vai buscando o río. Neste treito podemos gozar da vista de
leiras con cerdeiras floridas. Cruzámonos con numerosas persoas de
tódalas idades que están a subir dende o Centro de Interpretación.
Por fín, xa cansos
chegamos a fin do noso roteiro situado no mencionado Centro. Alí nos
reagrupamos e nos agasallaron con unha bolsa.
Ainda teríamos que
andar un anaquiño para chegar ó autobús que nos ía levar o
Restaurante Napoleon, onde nos esperaba o xantar.
Visita a
Plasencia
Logo de xantar e da
amena sobremesa, voltamos ó autobús para dirixirnos a
Plasencia para facer unha visita por libre á cidade.
Ainda coas pernas
doridas cando nos baixamos do bus, Os Sendeiros entrábamos no casco
histórico de Plasencia para admirar as suas belezas monumentales e
disfrutar do seu ambente nunha tarde soleada, e fúmonos dispersando en
grupiños para ir visitando segundo as preferencias de cada un.
Uns preferiron
visitar xoias coma a
Catedral Vella, a
Catedral Nova, a
Casa do Dean, o Palacio de Mirabel e o dos Monroy, a muralla con
portas coma a do Sol, a Berrozana; a
praza Maior co edificio do
Ayuntamiento e a figura do Abuelo Mayorga encargada de dar as
badaladas.
Tamen houbo tempo
para percorrer as rúas, visitar os comercios e facer algunha compra. Ou
para sentarse nunha terraza da praza Maior tomando unha caña e observar
o movemento da xente. Tamén para visitar a
Pitarra do
Gordo onde tomamos uns viños cunhas saborosas tapas: de xamón,
morcilla pataqueira, queixo… Podías escoller tomar un viño con tapa,
unha tapa sen viño, ou un viño sen tapa: o prezo era sempre 1,20 €.
Así chegou a hora de
voltar o autobús. ¡Qué puntuais somos
Os Sendeiros! Saímos cara a
Bejar
para chegar ó Hotel. Xa nos tardaba unha boa ducha e cambiar de roupa.
Xa aseados o
seguinte sería a cea para á que estábamos citados para as 21:30 h.
Volvemos a dar ambiente a aquel magnìfico comedor, coas nosas risas e
animada charla. Xa sen presa, cenamos feixóns con xamón, bacallau e de
postre arroz con leite. Habendo tanto asturiano entre nos, especialistas
do arroz con leite, tiña difícil o chef sorprendernos. Pero á verdade e
que non chegou nin o aprobado con este postre.
Ainda había tempo e
folgos para dar outra voltiña por
Bejar. Os que non tíñamos folgos
dabondo optamos por retirarnos para a habitación.
TERCEIRO DÍA
Esta noite dormimos
unha hora menos polo cambio ó horario de verán. Pero ás oito xa
estábamos dispostos a zamparnos outro fenomenal desayuno tipo bufet. O
que máis e o que menos viase que tiña maniotas, e que unha horiña mais
tamén se dormía. Pero as nove da mañan tíñamos a saída para facer a
primeira visita do día: o bonito povo de
Candelario, a catro kilómetros
de Bejar.
Candelario é unha
vila pequeniña que conserva o seu aspecto de hai moitos anos. Moi ben
conservado e limpo. Chama a atención o
canal que corre rua abaixo e
as
batiportas das casas. Percorremos as suas ruas admirando e
fotografando todo o que víamos. De cando en cando uns paneles explicaban
o que eran as cousas que viamos e para que se usaban. Así explicado
entendíase mellor e acadaba mais valor o que estábamos a ver.
Ainda houbo tempo
para comprar algún producto típico da zona: embutidos, pastas, licores…
Realmente pagou a
pena visitar esta
bonita Vila.
Voltamos a subir o
bús para ir uns kilómetros mais abaixo para ver a praza de touros de
Béjar, considerada a mais antiga de España e na porta da cal fixemos
unha
foto de grupo.
No mesmo enclave
sitúase o
Santuario de Nosa Señora do Castañar, que tamén visitamos e no
que quen quixo, pudo ou soupo tivo a oportunidade de pasar uns momentos
de
recollemento.
E voltamos o autobús
para sair cara a
Salamanca, a que sería a derradeira visita da fin de
semana. Baixamonos na
ponte romana coa instrucción de voltar as cinco da
tarde. Cruzamos a ponte e fúmonos dispersando pola cidade que estaba
ateigada de xente que esperaba para ver pasar a procesión da
Borriquita, pois celebrábase o
Domingo de Ramos. Isto foi un atranco para poder ver
os magníficos monumentos dos que presume a cidade: as suas catedráis,
universidade, conventos, etc.
A xente enchía as
ruas e despois os bares e restaurantes. Bó día para a hostalaría.
Tomamos o tempo necesario para comer e as cinco todos puntuales na
parada do autobús.
Así se acaba, con
pena esta magnífica fin de semana. Quedaba un longo camiño ata
Foz,
amenizado polas conversas, os chistes, a verdade é que non houbo lugar
para aburrirse. E eso que faltou algún cantarín, notouse que faltou o
noso presidente José Luís. Home houbo un intentiño… pero quedouse neso,
nun intentiño. E seguimos a ver os videos do carnaval, incluíndo do
desfile de este ano.
Parada en Valcarce
para o descanso de conductor e pasaxeiros, e volta xa para encarar o
derradeiro tramo que nos deixaría en
Foz á hora prevista.
E así finalizamos
esta maravillosa fin de semana, todos satisfeitos polas actividades e
polo bon clima que gozamos.
Penso que é de
xustiza felicitar ós organizadores pois fixeron unha gran laboura
¡Noraboa e moitas grazas por tan estupendo traballo!
Unha aperta a tod@s.
David Méndez.
|