Crónica
ENCONTRO ASTUR-GALAICO, VEGADEO
Nesta
ocasión dirixímonos cara a
terras Asturianas, a Vegadeo,
para participar no VI encontro
Astur-Galaico, que organiza o
club Pandela.
O día amence cuberto con nubes
baixas sobre dos cumios das
montañas, recíbennos no recinto
feiral onde nos agasallan con
chocolate e biscoitos para ir
collendo forzas. Unha vez
rematados os discursos de rigor
organizador e alcalde dan a
saída da camiñata.
Percorremos as rúas de Vegadeo,
e o paseo do río Suaron pola súa
marxen esquerda ata Pianton onde
cruzamos a ponte sobre o río,
para acceder a ruta que nos
levara ata o Mazo de Meredo,
será ascendendo por pista
forestal onde nos atopamos con
vexetación autóctona e
eucaliptos. Subindo chegamos a
Arcilo onde collemos a dereita
para seguir ascendendo ata
Cobres, neste punto dannos uns
botelliñas de auga, aquí
sepáranse as dúas rutas de hoxe
os da curta iniciaran o descenso
cara a Vegadeo por San Martin de
la Vega de Villar, e os outros
subimos un pouquiño mais para
logo descender cara o Mazo de
Meredo.
Tras unha pequena visita coas
súas fotos de rigor, pois o
lugar o merece, continuamos por
un sendeiro bordeando o rio
suaron ata a casona de Sestelo,
para subir dende aquí ata Arcilo
para volver a baixar a Suarón, e
seguindo polas beira rúas
chegamos de novo o recinto
feiral de Vegadeo, fin da
camiñata de hoxe.
No recinto feiral xantamos todos
os participantes xuntos, e cun
baile para baixar a comida
despedimos o día.
Parabén a organización por todo,
a ruta, a comida e o trato
recibido.
Un saúdo, e ata a próxima.
Morís.