Crónica
Ás sete da maña, cun tempo que prometia
un bo día de senderismo partimos de Foz a asociación Os Sendeiros para
terras de Asturias.
Esta vez xuntámonos 43 compañeiros con gañas de
formar unha xuntanza para o recordo. Temos que dar a benvida ao grupo a
nova socia Carme e tamén a Mariano que un momento que ten para vir a Foz
xa engancha con nós. Polo ceo comezan asomar uns raíños de sol que fai
presaxiar un bo día de sendeirismo. Vamos percorrendo a estrada que pouco
a pouco vai acercándonos a terras de Asturias, pasamos pola ponte de
Soto
de Luíña "obra de gran enxeñería" que fai poucos días foi a
súa apertura ao tráfico, pasamos Cudillero, e na primeira area de
servizo da autoestrada facemos unha paradiña para tomar uns cafés e un
que outro pasteliño ou bocata; coma eran as nove da maña aínda os
afeccionados da formula 1 puideron ollar a saída de Fernando
Alonso.
Todos de novo no autobús, ben pilotado por Luís, emprendemos a marcha
para comer o mundo.
Tomamos a estrada a Santander pasando por Pola Siero,
Nava, Villamayor, Arriondas a terra do Marqués, para achegarnos a
Cangas
de Onís capital noutros tempos do Reino de
Asturias. Collemos a estrada
que vai ao Porto el Pontón e a uns 14 km. desviámonos a San Juan de
Beleño, capital do concello de Ponga. Nesta estrada é impresionante a
beleza do seu entorno, sempre levando ao marxe o río
Ponga, que vai
formando uns remansos de gran beleza, cunha auga limpa coma o cristal, por
veces mergullado nuns desfiladeiros e unha campiña ven coidada, pobos
cativos como: La Vega Sebarga,
Santoveña,
Sellaño, van achegándonos a
San Juan Beleño pobo que atópase agarrado a montaña coma un fillo a
súa nai, nel pódese ollar algún que outro vaqueiro paseando polas rúas
cos seus coquetos cabalos, casas ben coidadas e unhas marabillosas vistas.
Pero aquí aínda non remata a estrada temos que percorrer outro treito
ata Los Bedules onde comeza a ruta.
Son ás 11,30 cando comezamos a ruta
dende los Bedules temos un treito de 1,2 km. con bastante pendente que fai
que algúns sufran unha pequena congoxa e xa queren arroxar a toalla, pero
cando ven a inmensidade dos vales rodeados polos picos de Europa nin nos
damos conta da pendente. Ao remate da costa facemos unha paradiña e, xa
algúns tira da mochila para darlle un bocado a froita e algún que outro
ata comeu un bocadillo.
Seguimos a pista ven sinalizada que nos vai
levando ao Bosque de Peloño, aínda pódense ver os restos da nevada de
días anteriores. O bosque esta cheo de faias, no mesmo corazón do Parque
Natural de Ponga, e aínda que é a especie que máis abunda, tamén
existen pequenos carballos, innumerables acivros, xenebreiros, arandos.....,
tamén podemos ollar gando solto, cabalos, vacas e algunha que outra
pegada de xabarís, corzos, etc.... Seguimos mergullándonos no bosque e
entre conversa e risos vamos gozando da fermosa paraxe que temos diante. O
camiño e bo e practicamente todo chan con moi pequenas subidas e baixadas,
en fin unha delicia de paseo, Ademais todo elo sorprende polas vistas dos
picos Ten, Ñajo e Pileñes, formando a divisoria entre Asturias e León
cunha altitude de aproximadamente 2000 m., todas as súas cumes
disfrazadas de neve que fan unha postal de ensoño.
Facemos un
reagrupamento máis o menos na sinal que indica " El roblón de
Bustiello", neste lugar ao mesmo tempo decidimos dar a volta, non sen
antes visitar este carballo centenario. Eran xa ás 2 da tarde e os
estómagos pedíanche algo de comida e sen titubeos buscamos algo de
abrigo da leve brisa que tíñamos, ¡¡ e a xantar!!. O día era radiante
para xantar no campo. Cada quen foi sacando das mochilas ás viandas, o de
costume . Tortillas, xamón, chourizos, ata algúns levaron as súas botas
de viño para meter un grolo de cando en cando, pero non vos lo perdades
ata houbo quen levaba café capuchino, en fin un xantar que a min en
particular gústacheme moito porque compartes camaradería, formas piña,
e fanse todo tipo de comentarios da ruta.
Despois do disfrute do xantar e
a barriga chea, a verdade aborrecía poñerse en pe para seguir a
camiñada, pero non queda máis remedio que seguir camiñando, non hai
dúbida de que o que pedía o corpo era votar unha sesta plácida.
Todos
dispostos emprendemos a marcha na busca do punto de partida. O grupo
camiñaba bastante estirado formando grupos pequenos que de seguro cada un
ía contando as súas cousas Saímos do bosque e comezamos a baixada para
chegar ao autobús, para algúns coma a min a baixada deixouse notar nos
xeonllos, Hai quen prefire subir que baixar, "cousa da idade".
As 4,30h remata a ruta. Todos ben compostos e limpos subimos ao autobús
para facer unha paradiña en Cangas
de Onís. Demos un paseo pequeno,
tomamos o que nos apeteceu e volta a casa non sen antes facer unha
paradiña técnica no Restaurante Lupa de Cudillero.
Ao redor das 9,30
chegamos a Foz, a verdade un pouco cansos despois de levantarse as 6 da
maña. Creo que o viaxe mereceu o pena.
Vémonos no Parque do Xurés en
Ourense
Un saúdo
José Luís.
|