Crónica
Un ano máis Os
Sendeiros de Foz organizamos no
mes de agosto os sábados de
sendeirismo polo concello de
Foz.
Unha forma de fomentar
sendeirismo ao mesmo tempo dar a
coñecer a quen nos visita na
época estival o noso pobo.
O grupo o formamos xentes de
distintos punto da xeografía
española: Valladolid, Madrid,
País Vasco, e como non, veciños
nosos.
Pateamos as parroquias unha a
unha: Cangas, Cordido, Vilaronte,
San Martiño, Nois, Fazouro,
sendo moi boa a collida por todo
o grupo.
Na derradeira ruta fixemos o
retorno a Foz no tren, que para
algúns era a primeira vez que o
facía. A todos os participantes
nas camiñadas es ofrecimos un
refrixerio nun local de Foz como
despedida e contando con eles
para os próximos anos.
Soamente reflexar, que son
moitos os amigos que ano tras
ano facemos con esta iniciativa
que oxalá perdure no tempo.
Grazas a tod@s
Un saúdo
Os Sendeiros