Crónica

ENCONTRO BURELA


Este ano xuntámonos na praza da Mariña de Burela, alí fixemos a foto de familia e despois comezamos a andaina.


Dirixímonos ata o paseo marítimo , para coller dirección praia da Marosa, a maña esta fermosa, luce o sol e temos unha temperatura magnifica para camiñar. Temos unhas vistas do litoral magnificas, podemos ollar ata Asturias.


Continuamos dirección a Vila do Medio, para dende aí comezar o ascenso ata o Monte Castelo, que é o lugar elixido para o xantar de confraternidade. Na subida parecemos unha serpe de cores en movemento. A medida que imos ascendendo, imos tendo unhas panorámicas de Burela espectaculares, xa cando estamos na meta toldase o ceo, pero xa nos anima o musico Juan, e entramos en calor cuns bailes, que ademais nos abran o apetito.


Magnifica xornada de confraternidade, moi ben pola organización.


Un saúdo.

Morís.