Crónica

ANDAREIROS DE VERAN 2026: SAN ACISCLO

Para terminar os Andareiros de Verán, dirixímonos a Santo Acisclo, para facer un roteiro que percorrerá case toda a parroquia. O día está magnifico loce o sol e fai boa temperatura.

Reunímonos diante das antigas escolas de Santo Acisclo, despois dunha sinxela explicación, comezamos a dar os primeiros pasos. Encamiñámonos cara á Senra, Subimos ao son do Rego. A primeira parte é liviá, pero despois do depósito contra incendios vólvese máis empinada, imos rodeados de eucaliptos. Ao pouco de comezar a baixar desviámonos a man dereita por unha pista de monte, a cal nos achegará á parte alta da mina de caolín. Neste lugar facemos a parada para comer algo e repoñer forzas. Toca descender por unha pista ancha de saburra ata Teixeira. Cruzamos sobre o río Ouro e comezamos unha subida suave ata a igrexa de Santo Acisclo. Cruzamos baixo a estrada para chegar ao barrio dá Ponte e novamente cruzamos o río Ouro, para encamiñarnos ao momento de partida, as antigas escolas.

Magnifica xornada de roteiro, en boísima compañía para poñer o colofón aos Andareiros de Verán.

Un saúdo.


Morís.