Powered by Wikiloc

Crónica

VII MARCHA NOCTURNA, AGOSTO 2016


Un ano mais e con esta xa van sete, o domingo 14 as dez da noite comezamos a marcha nocturna, imos repetir o percorrido do ano pasado, xa que a explanada do peirao está ocupada por un festival rock.


Saímos da praza Conde de Fontao, os mais de cen participantes, pola rúa da igrexa cara a Tregastel, para dende aí dirixirnos cara as torres, onde colleremos os camiños de servizo das leiras que están nesa zona. Que bonita estampa ver a ringleira de luces que formamos, na escuridade da noite, semella unha gran serpe de luz. Pasamos por detrás do colexio o Cantel, do centro de saúde e saímos a estrada da praia de Llas, camiñamos pola veira rúa ata o paseo das praias.


Cando estabamos reagrupándonos na veira rúa, comezamos a ver lóstregos, unha tormenta se achega, decidimos seguir ca marcha como a tiñamos concebida, xa que cremos que non nos ha pillar a tormenta.


A serpe de luz vai recorrendo todo o paseo das praias, que beleza ver o perfil dos cantís marcados polas luces dos camiñantes.


Cando nos achegamos o Ollo do Mar, empezan a caer unhas pingas, a tormenta estanos a pillar e temos que acurtar a marcha, cruzamos pola avenida de Breogan ata a Illa Nova.


Rematamos como tiñamos previsto a marcha diante do Bar 78, que é quen nos elabora o chocolate, que xunto cos biscoitos imos degustar, iso será o que nos repoña as forzas despois da ruta.


Un ano mais sentímonos ledos de ver camiñar nenos e maiores, todos xuntos gozando dunha noite diferente.


Un saúdo e ata o vindeiro ano.


Morís.