Crónica
Ás 7 da mañá empredemos un novo andadeiro,
non é moi habitual, pero hoxe vamos em dous autobuses xá que somos 79
camiñantes dispostos a pasar un bo dia aló por terras de
Pontevedra, na
Illa
de Ons.
A esta hora tan cedo parece que
vamos medio adormilados, pero nada máis facer a primeira parada para o
café, xa todo o mundo empeza a espabilar e xá non hai quen nos cale,
todo son voces e risas.
O tempo está bastante inestable, amenaza
con chuvia, nós que contabamos con un dia soleado! Pero, que importa? Ós
Sendeiros non
hai quen nos amole! Ás 10:30 da mañá chegamos a
Portonovo, collemos os billetes do barco e achegámonos á punta do
peirao, esperando a hora de embarcar, todos pertrechados de
chuvasqueiros e paraugas, ben, todos non, algunhas íamos con bañador e
non pensamos que nos ian facer falta; pero sempre hai quen leva demais e
xa compartimos ata chuvasqueiros! Mentres esperamos, aproveitamos para
face-la
foto de grupo.
Ahí ven o barco! Todos a bordo! O
mar está un pouco picado e hai quen sinte un lixeiro mareo, ou un pouco
de medo.. jaja! Pero tamén hai quen non lle teme a nada e anda de arriba
para abaixo, como Isaac, que trae a seu avó de cabeza.
Nada máis chegar á Illa, agrupámonos
diante da Igrexa e empezamos a camiñar, decidimos coller primeiro a ruta
que nos leva ata o
Faro, vamos ascendendo por todo o interior da Illa, e enlazamos coa
ruta Norte, todo o tramo con unhas magníficas vistas, e algunha praia
como a de
Melide, con unhas augas cristalinas e azuis.
A volta alguns e algunhas deciden
quedarse no pobo, ainda que non están moi cansos, non pensan máis que en
probar o polvo que viron anunciado nos restaurantes cando chegamos. Pero
a maioría decidimos facer a outra ruta que nos queda, a Sur, é a máis
completa de todas, porque vamos divisando as praias que miran a Ria como
Area dos Cans, o Canexol, e como non, abruptos cantis e fermosas vistas
dende o Mirador de Fedorentos, ou do
Buraco do Inferno.
A verdade é que o dia está ideal para
camiñar, a xente disfruta do paseo, das vistas, e como non, da compañía,
porque vamos todos como si foramos unha piña, compartindo anécdotas,
quitando fotos pensando no xantar, porque xa estamos chegando ó pobo,
van ser as tres da tarde e a esta hora o menú é o tema do momento.
Algúns de nós xa está sentado á mesa, uns están degustando o menu, a
base de polvo, churrasco, etc.. e outros pedimos un bocata, ah! Tamén
hai quen saca a fiambreira, tortilla, filete, bolo preñado, moi rico por
certo, dou fe! Pero do que si podo atestiguar, é da boa armonía que se
respira no ambiente.
Xa coa taza de café na man empezan a caer
as primeiras pingas de auga, a tarde ponse fea, temos que tomar unha
decisión e cremos que a máis acertada é adiantar o regreso, así que, nun
momento movilizamos a todo o mundo para tomar o barco ás cinco, hai un
pouco de nerviosismo, sempre pensas que pode haber alguén que non se
entere, pero penso, que cando o embarque xá os conto, hai si, imposible,
cando chega o barco, chove tanto e hai tanta xente que quixo adiantar o
regreso, que o encargado dos billetes fainos esperar, non se sabe si
collemos todos, asi que cando nos di que podemos subir, vamos todos en
tropel, calados ata os ósos. Xa abordo intento localizar a todo o mundo,
parece que non falta ninguén! Cando atracamos en
Portonovo xa están os autobuses esperando, e como non amaina,
collemos rumbo para casa, é unha pena, merecía a pena dar un paseo pólo
pobo, é moi bonito, pero da maneira que chove nada íamos ver.
A viaxe de regreso é moi tranquila,
todo o mundo ven canso, algúns dormitan e outros vamos dándolle unha
volta o mundo, pero, coma sempre, todos con cara de felicidade, co
sorriso de haber pasado un bo dia, de disfrutar da compañía e de unha
ruta máis, compartir algo máis profundo que un andareiro, compartir
amizade.
Ana Lopez
|