Crónica

Outro ano mais Os Sendeiros de Foz participamos na Travesía Costa Naviega en Navia. Este ano a Peña Furada conmemoraban o XXV aniversario da ruta.
Fomos acompañados polos nosos amigos de Pasomiudo de Valadouro capitaneados por Ángel.


Coma sempre o xolgorio de senderistas foi impresionante, preto de 1600 persoas, según os organizadores, participamos neste encontro que cada ano fai o hermanamento con asociacións de distintos puntos de Asturias e Galicia.


O día despois dos presaxios que daban choiva, esta vez non se fixeron realidade. Foi de sol e boa temperatura. Alegría e charlas foi o detonante durante todo o recorrido.

Travesía Costa Naviega 2012 Travesía Costa Naviega 2012 Travesía Costa Naviega 2012 Travesía Costa Naviega 2012


Paradiña de costume no pobo mariñeiro e tomar unhas sidras, cañas de cervexa, e visita polo pobo: ás súas rúas, o porto, a casa onde morreu o insigne D. Melchor de Jovellanos, retomamos o camiño para achegarnos a praia de Frexulfe Monumento natural e onde a organización nos serven un suculento bolo preñao, froita e unhas natillas de postre. Neste punto facemos 12,5 km. Quedando aínda uns 7 km. Para achegarnos ao remate da ruta na praia de Navia, pasando antes pola parroquia de Andés, e un sinfín de pequenas praias: Fabal, Coedo, La Bragada, Praia do Moro que no seu conxunto fan máis agradable o sendeiro que nos levará ata a vila de D. Ramón de Campoamor e Camposorio, Navia.


Posiblemente Os Sendeiros de Foz nos quedamos curtos en narrar esta Travesía Naviega, pero todo canto digamos dela sempre sería pouco. Felicitacións a os organizadores, non e moi doado eses 25 anos de organizar estes eventos. Un saúdo a os compoñentes de Peña Furada, e de seguro que poden contar con nós para o seguinte ano.


Vémonos no Monte Castelo en Burela


José L.