>
Crónica
Viaxe a, 47 Marcha Anual de Deportistas con Veteranía, Crevillente
Para asistir á
47 edición da marcha de
veteranos, preparamos unha viaxe
de 5 días, nos cales tentaremos
ver unha pincelada da zona.
O primeiro día dirixímonos a
Elxe para facer unha visita
guiada, que nos achegue un pouco
á súa historia, ver un pouco do
seu palmeral, ver a súa
basílica, o seu museo, o seu
casco antigo e gozar das súas
terrazas.
Para a seguinte xornada
dirixirémonos á capital,
visitaremos con guía Alacante, o
seu paseo, a sua con catedral, o
seu concello, as súas ruínas, o
seu mercado, o museo das
fogueiras, camiñaremos polo seu
casco antigo, gozando da vida
social, das terrazas. Todo isto
pola mañá, pola tarde teremos a
reunión anual de montañeiros.
O terceiro día toca a 47 marcha,
é en Crevillente, e ira en
dirección á súa serra. Pola mañá
cedo almorzaremos todos xuntos
preto do rocódromo, para logo
saír camiñando cara á serra en
varios grupos, debido á
pandemia, cumprindo cos
protocolos. O día esta
espectacular, loce un sol
radiante, camiñamos por unha
senda paralela ao barranco, en
dirección á serra, está todo moi
seco, toca ir en ringleira, cal
serpe multicolor seguindo o
curso do barranco, ensínannos
restos arqueolóxicos, de muíños,
canles e pontes de épocas
pretéritas. Parámonos diante dos
restos dun acueduto, e un
arqueólogo dános unhas
pinceladas, camiña connosco un
pequeno tramo ata as ruínas dun
poboado paleolítico. Seguimos
subindo e baixo a sombra dun
piñeiral facemos a parada
técnica para comer algo.
Continuamos subindo ata chegar
ao punto máis alto da marcha de
hoxe, que desde este cerro temos
unhas vistas inmellorables da
zona, divisamos ata o mar, as
serras mais próximas de Alacante
e Murcia, a propia capital e
mesmo Benidorm. Toca comezar o
descenso, senda estreita con
moita pedra solta, ata chegar ás
primeiras casas, desde aí xa é
un camiño de bo piso e ancho.
Chegados aos restos do acueduto
metémonos no leito seco do río e
baixamos ata Crevillente, onde
comezamos pola mañá moi cedo,
poñendo así fin á camiñada de
hoxe. Comida de confraternidade
todos xuntos, como colofón.
O cuarto día, dirixímonos a
Santa Pola, para alí coller un
ferri que nos achegue á illa de
Tabarca, illa pequena e moi
turística, a cal visitamos e
aproveitamos para darnos un
mergullo no mediterráneo. E como
todos os días aproveitamos unhas
horas da tarde para visitar
Crevillente.
O quinto día toca viaxar en
autobús e avión para regresar á
nosa terra, e en terras
asturianas á beira do aeroporto,
no Alto de Praviano, no
restaurante o Rancho,
celebraremos a última comida
todos xuntos desta viaxe.
Foi unha magnifica viaxe, nunha
inmellorable compañía.
Grazas a todos por esta magnífica viaxe e ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.