>
Crónica
Ruta dos Faros, Malpica.
Este mes toca achegarse á Costa da Morte, faremos parte dunha das etapas do Camiño dos Faros, partiremos de Malpica, e comezan hoxe a camiñar con nos, tres novos membros do grupo.
Chegados a Malpica, baixamos do
bus e dirixímonos a un bar, imos
tomar un café e prepararnos para
comezar a marcha de hoxe.
Vagueamos por Malpica, camiñando
en dirección á praia de Area
Maior, bordeámola seguindo o
paseo marítimo en dirección
oeste, para collela senda que
bordea o litoral camiño de
Fisterra, pasamos pola praia de
Seaia e continuamos subindo en
dirección á ermida de San
Adrián, desde este punto, se non
fóra pola néboa que nos
acompaña, teriamos unhas
esplendidas vistas, toda a costa
ata o Cabo Prior, o porto de
Punta Langosteira, as illas
Sisargas. Aproveitamos e nesta
ermida e facémonos a foto de
grupo, comezamos a baixar por un
carreiro para ir máis preto do
mar e bordear o cabo San Adrián.
É un pracer camiñar por este
carreiro, ver as augas
cristalinas e as ondas bater
contra as rocas. A metade de
camiñada paramos para tomar un
refrixerio e repoñer forzas.
Seguimos o carreiro sinuoso,
bordeando a costa ata chegar a
Beo, é neste lugar onde
decidimos poñer punto final ao
roteiro, xa que coa néboa non se
pode gozar da paisaxe e
deixarémolo para a próxima etapa
deste precioso camiño.
Recóllenos o bus e achéganos ao
restaurante onde imos comer
todos xuntos, asador Alabrasa,
unha exquisita comida e un trato
excepcional.
Grazas a todos por este
magnífico día e ata a seguinte
saída.
Un saúdo
Morís.