>
Crónica
Belén de Cumes 2021.
Un ano máis,
seguindo a nosa tradición,
despedimos as marchas colocando
un Belén de Cumes, nesta ocasión
iremos A Frouxeira, para deixalo
alí ata despois de Reis.
Xuntámonos no cruzamento que hai
despois das últimas casas de
Santa Cecilia, na subida ao
pico, deixamos os coches
collemos as figuras que formaran
o belén e comezamos a camiñar en
dirección á cima. É unha pista
asfaltada, rodeada de
eucaliptos, con algunha rampla
considerable, pero coa alegría
dos nenos, ilusionados por
montar o Belén, o camiño faise
curto.
Unha vez en arriba, sen chegar
ao pico de todo, buscamos unha
pequena cova, onde depositalo e
así telo protexido das
inclemencias. Os pequenos do
grupo colocan as figuras á seu
antollo, facendo así máis seu
este Belén. Tomamos algo,
brindamos polas festas que veñen,
porque o ano próximo sexa mellor
que o que está a piques de
acabar. Gozamos das magnificas
vistas panorámicas que temos
desde este miradoiro, e
comezamos o descenso ata onde
deixamos os coches.
Boas festas e prospero aninovo.
Morís.