Crónica
Son as 9 da mañá e diante do Concello de Foz
xuntámonos 36 andareiros dispostos a redescubrir as terras de Meira.
Finalmente somos algun menos do previsto por mor da visita do bìspo a Foz
e algunha viaxe que outra.
A temperatura é agradable. Saimos ás 9 h, pasamos polo
alto da cancela dende onde disfrutamos dunha fantástica vista sobre un
val de Lourenza
neboento. Pasamos por Fonmiñá, onde moita xente cre que nace o Miño.
Chegamos ás 10 h ó punto de saida, o Pedregal
de Irimia, onde realmente nace o rio Miño. Sacamola foto
de familia e emprendemos a ruta. De saida temos 45 minutos de subida
continua baixo un ceo completamente soleado.¡ Esto si que é entrar en
calor ! Alcanzamos o alto da Serra "O Parapeto " e dende
alí continuamos durante media hora polo alto da Serra a carón do parque
eólico de recente creación mentres contemplamos a panorámica a ambos
lados da Serra. Varios son os senderistas que sacan as primeiras fotos que
xa vemos na páxina web.
Aquí remata o único tramo chan da ruta. Iniciámola
baixada pola ladeira leste da Serra, pasamos entre a agradable sombra dun
piñeiral ocupado por media ducia de cabalos salvaxes. Tras pasar polo
pobo de Espido acentuase a baixada que nos levará ata " A
Meixadoira ". Neste lugar disfrutamos do merecido descanso, non
todo o grupo, pois ven algo estirado. Coma sempre a solidaridade faise
presente ó compartir os víveres os senderistas.
Nesta primeira parte da ruta puidemos disfrutar de
diferentes paisaxes, pinos, carballos, hayas e, como non, eucaliptos.
Tamén atopamos panais de abellas.
Reanudamos a marcha e atopámonos coa fervenza de 15 m de
altura no Rego de Murias. Sacamos unhas cuantas fotos e seguimos a
baixada para despois continuar a carón do Rio
Eo e iniciar a subida ó pobo de Louseira.
A paisaxe cambia ó longo da subida, pasamos do
monte ó campo, con terreos traballados e gandeiros que atopamos ó final
da ruta. Hai que dicir que os veciños moi amables e a ruta ben sinalizada.
Temos que destacar o aplauso recibido por Luisa
ó chegar a meta na súa primeira ruta cos Sendeiros.
Tomamos un refrigerio no bar de Louseira e os
menos cansos entonan os primeiros cánticos.
Emprendemos a marcha en bus a Meira
onde nos agarda o ansiado xantar. Sopa, tenreira asada e un sabroso postre
foron as viandas que degustamos no Mesón
Pedreira.
A volta iniciamola ás 5h para unha hora máis tarde
chegar a Foz
tras deleitarnos no traxecto cos habituais cánticos o Presi
acompañado do seu grupo de coristas.
Xa queda menos para a próxima saida. Será ó Mazo
de Meredo en Vegadeo, o 16 de marzo (dia do socio).
David
Val
|