Crónica
Outro ano máis Os Sendeiros de Foz fixemos a tradicional Sardiñada no Santo para soci@s e simparizantes., preto de 82 andareiros fomos os que ás doce en punto presentámonos na árez recreativa. Acompañáronnos xente de Madrid, Valladolid e incluso tivemos a honra de contar entre nos do irmán de Luciano que xunto a súa dona achegarnse dende Arxentina.
Uns, os máis, foron a caminar
pola falda do Pico da Lebre e os
demáis Cacha ,Pepe, Zamora, Ana,
e algún maís quedáronse a
preparar toda a infraestructura
: Tableiros, cadeiras, manteis,
e o prato principal as sardinas.
A mañá parecía que nos ía a
xugar unha mala pasada pola
choiva, pero so foi un amago,
quedou un día verdadeiramente de
vrao.
Coma a sempre o Santo comezaba a
notarselle o olor ao asado de
sardinas, os bolo preñaos e a
pastelón.
Ao redor das dous da tarde
aparecían os primeiros
andarines, un pouco cansos e co
sede, cada un tomaba un grolo de
viño, e outros de auga, entre
charla va, e charla ven vamos
ocupando as cadeira para o bo
xantar.
As sardinas taban riquísimas, no
seu punto e mollaban o pan como
ten que ser. O bolo moi rico e,
que decir do pastelón de mazá,
¡¡impresionante!!, de remate un
bo café de pota.
Na sobremesa non faltaron os
cantarís moi ben dirixidos pola
nosa amiga Maribel, charlas, e a
estrela do remate foi o xogo da
rá, un éxito total, cunha
participación maioritaria dos
presentes. Aquí o sento moito,
gañamos os homes as mulleres. En
fin que pasamos un día
espléndido e oxalá sigamos sendo
sempre así.
Un dez para os asadores Cacha e
Pepe do Mantido, e para Ana polo
bo café que nos fixo.
Unha aperta e vémonos na próxima
José L.