Crónica

RUTA EN PARQUE DE REDES, ASTURIAS.


Nesta ocasión xuntámonos cos amigos do MIES na súa terra, non se puido facer a ruta prevista por mor de un desprendemento, pero escolleron outras dúas moi fermosas no parque de Redes. Encontrámonos en Sobrescobio, onde tomamos un café, en caravana saíron os buses cara a Soto de Agues, onde comezaremos a andaina de hoxe, que haberá que escoller entre subir o Pico Cogollo, e o os que non se atopen en forma, unha moi doada a Ruta do Alba.


O día está nubrado e fresco pero ideal para camiñar, no cumio das montañas atopase unha néboa que non nos permite ollar na súa maxestosidade estes vales. Saímos todos xuntos en ringleira polas rúas da aldea, ata o punto en que nos separaremos en dous. Un grupo percorrera o fermoso desfiladeiro do río Alba, que forma este canon, moi fermoso cas súas fervenzas, aguas rápidas, e paredes de rocha caliza que o rodean, por momentos pásanse por túneles escavados na rocha, crúzanse pontes sobre as súas bravas augas, un espectáculo. Un paseo relaxante polos sons e imaxes que ofrece este paraxe, moi semellante a do Cares.


O outro grupo collerá camiño do pico, nestes primeiros pasos, é unha senda bastante tendida, seguindo o curso do río Pando. Cando pasamos pola fervenza da unión dos regueiros Aviáus e Navarin a senda tornase mais pendente, atravesa maiadas e fermosos hayedos, que nos levaran ata unha planicie chamada Pegada Lles Oveyes, onde temos unhas vistas inmellorables do val a Inverniza, vemos tamén onde comezamos a mañá a camiñata, neste punto aproveitamos para repoñer folgos comendo algo e bebendo. Dende aquí temos unhas vistas privilexiadas do pico, a súa silueta impresiona, e intúe que imos facer o ascenso pola cara sur, xa que a norte é un cortado impresionante de rocha.

Neste ascenso pasaremos pola maiada Cogollu, onde atopamos numerosas cabanas de pastores derruídas, no cumio gozamos das impresionantes vistas e facemos unha foto de grupo. Baixamos de novo ata a maiada Cogolllu, para descender pola cara norte baixo o pico Cogollo, atravesando un fermoso Halledo, que nos deixara no collado Robiella, dende aquí tomamos dirección nordés, e a media ladeira do monte Aviáus e chegamos a Maiada Abedulu, onde collemos a pista que baixa a Soto de Agues, que é onde imos xa facer o xantar de confraternidade cos amigos do MIES.


Un saúdo e ata a vindeira ruta.


Morís.