Crónica
A ruta
comezámola ás 10 da mañá no pobo
de Bres, pobo pequeno pero moi
bonito e ben coidado.
Esta vez o grupo Os Sendeiros
foi máis pequeno que outra
veces, pero non menos dinámico.
Deixáronse notar as filloas,
orellas e as roscas que a xente
de Foz temos cando se achegan os
Carnavais. Todo o pobo por estas
datas vólvase no Antroido:
preparar os disfraces, ensaios
das comparsas e grupos, en fin
un cúmulo de tarefas que coma e
normal fan que todo non se poda
abarcar.
O día foi moi ben ceo despexado,
aunque iso si frío tíñamos a
bondo, o que pasa que nada máis
que comezas a andar empeza a
sobrar algunha roupa.
O redor das 10 da mañá saímos de
Bres polo medio do pobo, xa
empezan as primeiras fotos do
día, xunto a nós estaban os
amigos de Valadouro os do
Pasomiudo capitaneados por Anxo,
eles fixeron a mesma ruta pero
ao revés.
Por un ancho camiño de terra
chegamos ata o muíño de Guxo, e
na súa proximidade unha mini
central eléctrica que nalgún
tempo presto un gran servizo
para estas pequenos pobos da
montaña.
Costa arriba continuamos por un
pequeno sendeiro deixando o
regato a man dereita, cruzamos o
río polo medio dunha ponte de
madeira, e seguir en ascenso a
través dun souto de castiñeiros
ata o chao do Cobo. Neste lugar
fermoso facemos unha paradiña e
tomar unha parva e repoñer
forzas. Unha vez feita a foto do
grupo seguimos a ruta en
descenso pasando por Cabaza onde
visitamos a capela onde alguén
quixo facer unha misa para o
grupo. O camiño segue ata o alto
de do Teixo, onde disfrutaremos
dunhas fermosas vistas incluso
no horizonte pódese ver o mar.
Incrible, pero certo.Atravesando
pequenos bosques de carballos
votamos a descender e atopamos o
muíño Vello e o muíño de Nela.
Uns poucos metros máis e xa de
volta ao pobo de Bres sobre a
unha da tarde. Coma sempre
cambio de roupa e algúns tomamos
un sidra o un viño no bar do
pobo.
Unha vez no bus destino
Taramundi, onde aínda houbo
tempo para facer unha visita
relaxada e tomar un aperitivo
antes do xantar.
No restaurante Paulino( Para
repetir) todo o grupo xunto cos
do Pasomiudo sentámonos na mesa
para degustar un bo Pote
asturiano, carne asada e de
postre Arroz con leite todo elo
exquisito e con harmonía de
sempre.
Un pouco de sobremesa e de
seguido foimos a visitar o museo
de Esquíro. Dimos un paseo para
achegarnos a el de uns dous km,
pero creo que mereceu a pena
visitar. O responsable fíxonos
unha demostración da fabricación
dunha navalla, co seu temple
daba gusto ollar o manexo da
fragua e o martelo.
O museo ten
pezas antiquísimas coma :
Aparatos de radio, máquinas de
escribir, de coser, aperos de
labranza, utensilios de madeira,
etc.... postais, moedas...Merece
a pena visitar. O regreso de
novo a pe por un sendeiro
fermoso en descenso en busca do
bus que nos estaba esperando ao
lado do Mazonovo, outro museo
digno de visitar. Nesta época do
ano encóntrase pechado.
Sobre ás seis e media saímos de
Taramundi, chegando a Foz ás
sete máis o menos a Foz.
Pasamos un gran día de
sendeirismo por ese fermoso
rincón pioneiro do turismo rural
en España.
Vémonos na próxima