Powered by Wikiloc

Crónica

RUTA RIOS DE FOZ


Para esta primeira ruta do mes de agosto escollimos a ruta chamada do mariscal, pero que nesta ocasión nós chamámoslle ríos de Foz, xa que iamos percorrer algún tramo do rio Centiño e mailo Ouro.


Saímos de diante da basílica menor de San Martiño, o día estaba soleado, fixemos a primeira foto de grupo diante da basílica, e partimos cara a terras de Alfoz. Nos primeiros quilómetros imos por pistas asfaltadas, ata chegar o río Centiño, que dende aquí imos por sendeiro de terra e zaorra ata Santa Cecilia, onde temos algún tramo de asfalto ata a capela, que é onde comezamos a subida que bordeando a Frouxeira nos ha pasar o val de Valadouro. No alto facemos unha parada para repoñer folgos, e así encarar o tramo final da nosa ruta. Temos que descender por unha forte pendiente ata chegar a terras de Alfoz, que calexando polas rúas chegamos ata o restaurante a Naranxa, onde collemos o paseo do rio Ouro que nos levara preto da torre de Pardo de Cela, antiga sede do concello. O sendeiro a carón do Ouro é de terra, flanqueado por arbores que nos dan sombra, e xunto co rumor do río fan moi levadeiro o camiño. Cruzamos a canle do rio e subimos un anaco ata a torre que e o final da nosa camiñata de hoxe.

 IMG_20160813_100408  IMG_20160813_101627  IMG_20160813_125844  IMG-20160814-WA0001


Facemos a foto de grupo diante da torre, collemos o bus e regresamos cara a Foz.


Un saúdo e ata a vindeira ruta.


Morís.