Powered by Wikiloc

Crónica

BELEN DE CUMES 2016, CORNERIA.


Este ano eliximos o pico de Corneria para deixar o noso Belén. Xuntámonos coma sempre diante da casa do concello as 9:30h, para logo partir en coches ata a capela do Carme, que é onde imos comezar a nosa andaina de hoxe.


Saímos da capela pola pista que a bordea pola parte de arriba, e no primeiro cruce collemos a esquerda, camiño do pico, o día e precioso nin rastro de nubes luce o sol, a temperatura esta fresquiña, pero perfecta para camiñar, estes primeiros pasos van por un camiño de monte estrito, rodeados de eucaliptos e pinos, o chan esta de herba, restos de ramas, follas e a cortiza das arbores , que fan un camiñar moi agarimos, no ambienta temos una tenue bruma, que como dixo a noas camiñante mais nova, " estamos a cruzar un bosque encantado", crea esa sensación.


Unha vez saímos deste camiño collemos a pista principal que nos a levar a cima, xa e mais ampla e de zahorra. Durante a subida atopamos numerosos montes cortados o que nos deixan fermosas estampas, vense os vales cubertos por un mar de nubes, e as cimas dos montes soleadas.

 20161217_100925  20161217_101701  20161217_112310  20161217_123817


Así pasiño a pasiño chegamos a un cruce no alto do cordal, que pola nosa dereita nos levaría o Virin e pola esquerda ata Corneria, onde se atopan as antenas, ese será o noso camiño, ata as antenas. Unha vez chegados a ultima, collemos a dereita pasamos baixo unhas arbores e chegamos o vértice xeodésico, e neste punto onde imos instalar o noso belén.
Todos colaboran, colocando as figuriñas, o portal e unhas pedras para facer a decoración, facemos unhas fotos que deixen constancia, saímos o claro onde podemos gozar das fermosas panorámicas do lugar, comemos algo para repoñer folgos, e brindamos polo Nadal e o ano novo, cantamos unhas panxoliñas e comezamos o descenso cara a capela do Carme, para poñer punto final a este día tan agradábel. O camiño de baixada permite ver outras estampas diferentes as da subida xa que quentou o día e foise a néboa.


Bo Nadal a todos,e un prospero ano novo.

Morís.