Crónica
¡Ola amigos!
Son Ana,
a responsable das calamidades que pasades en cada andadeiro. Hoxe José
Luis pediume que fixera eu a crónica¡ como non! Para min un orgullo
poder facervos un repaso do que foi este día.
Levanteime pola mañá e xa vexo un día de choiva,
¡Que lle imos facer! Seguro que non para en todo o día, é o meu inimigo,
non so porque nos mollamos, senón porque ó camiñar baixo a choiva non
apreciamos a beleza das paisaxes que divisamos en cada ruta.
Ás 9: 30, para a miña sorpresa, estabamos todos
diante do concello, dispostos a pasar un bo día a pesar da choiva. No
alto de Mañente facemos unha parada para recoller a Silvano,
Benito,
Paco
e Mª Carmen. Xa só nos quedaba outra paradiña no
"Asador", alí esperamos a Teresa
e Franco,
os nosos amigos de Ribadeo. ¡Xa estabamos todos! ¿Cantos? Casi vexo o
bus cheo, 43 persoas, ¡Meu deus! E eso que chove.
O bus deixanos en Rinlo,
fermoso pobo costeiro, dende aquí comezamos a camiñar, vemos a fonte de
Xuncos, a praia de Areosa, aquí faigo un intento para facer unha foto de
grupo, pero é imposible, non é o sitio axeitado,pero, seguirei erre que
erre ata conseguilo, porque sempre que nos chove, acabamos as rutas sen
fotos, hoxe intentarei que non sexa así.
Seguindo polo paseo marítimo vemos Punta Corveira cos
Cormoráns na illa, e a cetárea, lugar donde esperaba ser vendido todo o
marisco da costa de Rinlo: lubrigantes, langostas, centolas e sobre todo
andaricas. Chamoume moitísimo a atención que non aproveiten esas
instalacións, é unha bágoa que non pensen en poñela en funcionamento,
podía xerar, postos de traballo e ser un gran atractivo para o turismo.
Nesta zona o cantil deixa pouco paso, saimos uns 300
mts. pola estrada e volvemos á costa unha vez pasado o lugar de Meirengos.
A todo isto, escoitando algunha que outro protesta polo mal estado do
sendeiro, é certo, pero, amigos, o tempo é imprescindible, ademáis os
sendeiristas sabemos, que uns días xove e outros quenta o sol.
Collemos un tramo de paseo empedrado e xa divisamos a
praia dos Xuncos, é a seguinte a dos Castros ou Mardabais. Ó lonxe xa
vexo a praia das Illas, sobre ela o Castro e no Castro unha casa
particular, ten unha cancela para a serventía obrigada de paso. Nós, non
entramos nela, claro, non vou en cabeza de grupo, hai quen vai diante de
min e seguen de largo, pero, non pasa nada, faremos unha paradiña esta
praia e xa lles indico onde está a cancela. Todos van hacia ela, pensei:
¡Mira interesalles o sendeiro!... pero non, iban aproveitar a parada para
orinar...Estivo bem o detalle, foi a nosa protesta por deixar invadir esa
zona de costa.
A praia de Cova, volve a botarnos á estrada pero, a
Benito e a min, gustanos máis achegarnos os cantís e ainda que o terreno
non é moi propicio, volvemos adentrarnos no sendeiro e logo se chega a
Esteiro, é unha bagoa que a marea non esté baixa, porque xa divisamos os
"ollos" das covas, arcos e pasos da praia de "As Catedrais".
Fermosa por natureza, pero, a choiva non nos deixa embriagarnos da súa
fermosura, as gotas seguen caendo con intensidade e ninguén ten ánimo
para parar nin a facer unha foto ¡Calquera insiste!
A partir de aquí collemos o paseo de madeira e xa a pouco
que levantemos a vista divisamos a praia de San
Miguel de Reinante. Aquí esperamos o bus, pero, ainda que alguen
decide subir el, os demáis animámonos a seguir outro pouco, ainda son as
12:45, algo cedo para o xantar. De verdade, imos empapados, pero
respiramos amizade e compañerismo, e parece que todos queremos seguir
mantendo ese lazo. Á 13: 30chegamos a Benquerencia,
alí no Restaurante
"A Ribeira" decidimos dar por finalizada a ruta e mentras
chega o bus, invadimos o Restaurante coas nosas voces e risas.
Aproveito que están todos no bus, dispostos a zampar o
delicioso xantar que vamos degustar no "Asador"
e faigolles sacar a carteira, a min non é unha tarea que me guste, pero
eles nunca ponen reparos, todos pagan sin rechistar. A entrada do
Restaurante esperamos outros 7 senderistas que hoxe non puideron
acompañarnos, pero, non querían faltar a este último xantar do ano dos
Sendeiros.
A comida moi ben, puxéronnos uns entrantes, paella,
postre, café e como non...CHAMPÁN, todos coa copa na mán brindamos, e o
noso presi adicounos unhas verbas, polos sendeiros: ¡Que duren 100 anos!
Oxalá sexa certo, e a felicitación das festas.
Non me quero esquecer da nosa amiga Rosi,que
hoxe non estivo con nós porque estaba resfriada, pero non puido resistir
a tentación de acompañarnos no café. Amigos, nin dela,nin de ninguén,
os Sendeiros somos todos, cada un coas nosas cousas, pero, que sería das
miñas rutas sen as vosas protestas: "que si o tempo, que si o
camiño, que si a costa, que a baixada...." Pero no fondo, todos
pasamos un bo día xuntos, como non vou estar orgullosa de escribirvos
ésta crónica, que poido aproveitar para darvos as grazas de todo
corazón, porque grazas a vos podo facer desfrutar de unha das cousas que
máis me gustan nesta vida: CAMIÑAR, e oxalá vos acompañe en moitas
rutas máis porque non só camiñamos, tamén compartimos outras moitas
experiencias, vivencias, anécdotas e bos momentos que nos fan a todos a
vida un pouco máis agradable, e hoxe en día calquera motivo que nos
arranque un sorriso merece a pena de conservar ¿non credes?
Unha aperta
Ana
|