Crónica
"
Tormentas - apagón - relax ... e pinchazo "
¡Qué outro
título mellor poñer a esta fin de semana! ¿e por onde empezar o repaso?
Se o ano pasado estivo ben a visita a Potes, esta tivo de todo, aventuras
e anécdotas. Aquí comeza a crónica de 39 aventureiros …e un Fernando
Alonso (Vila). Vaia por diante que gracias por todo.
Venres
22 de maio
Son as 16´30 h. e
somos 35 animosos andareiros os que nos xuntamos diante do concello (4
máis uniranse en Entrimo desde Madrid.). Algúns levan equipaxe como para
unha semana, fan ben, faralles falta.
A expedición parte
ás 16´50 h., o tempo está nublado pero a partir de Abadin ábrese o
sol. Anunciaran tormentas para Lugo e Ourense pero nada de nada. Facemos
parada en Lugo en Via Santiago, case 1 h para descanso de todos, incluido
Vila o conductor. Reanudamos a marcha ás 19 h, collemos a antiga estrada
a Santiago e despois o desvio a Ourense. A viaxe é tranquila ata a
sorpresa que aparece na pantalla de televisión. Resulta que Luciano tivo
o bo gusto de facer unha montaxe de imaxe e son sobre as rutas do ano 2008
que recibe un aplauso de todos ó remate.
Entramos na
provincia de Ourense e, ata que volvamos a Lugo, non deixaremos de ver
parras cheas de vides con hortas baixo delas. Da cidade Ourense destacar a
sucesión de pontes, dende a mediaval á postmoderna sobre o río Miño.
Así seguimos camiño e atravesamos Celanova, onde vemos o Mosteiro dun
dos pobos con máis historia de Galicia. Pouco despois, ás 21´30 h,
chegamos cantando ó Hostal
Barcelona, no pobo de Entrimo, o que será o
noso porto base esta longa fin de semana.
Subimos ás nosas
habitacións, uns nun lado e outros no outro do hostal. Reunímonos abaixo
ás 22 h para ir cear. Alí únensenos 4 socios máis procedentes de
Madrid, son Luis, Inmaculada, Antonio e outra
Inmaculada; todos eles
exemplo de amor ó deporte en naturaleza (recomendables os seus consellos
e anécdotas polos Alpes, Pirineos e Picos de Europa). Ata 17 anos
seguidos indo ós Alpes. Benvidos!
Dispoñémonos
a probar os primeiros productos da terra. Ceamos caldo
galego, carne ó
forno con patacas, ensalada e de postre tarta xeada con pexego, sen faltar
a auga o viño da terra (que ten boa acollida) e o café. A comida está
ben e o servicio é rápido. Sacamos as primeiras fotos de convivencia na
mesa e ó final da cea improvisamos unha caminata ata o centro de Entrimo.
Son case as 12 da noite e a temperatura é boa. Observamos numerosos
carteis de campaña electoral curiosamente suxeitos ás árbores con
chinchetas. Comprobamos como creceu o pobo os últimos anos, incluso en
bares. Decidímonos a entrar nun Pub, bueno, entrar e sair. Hay que ver
que pouco aguante teñen algúns. Así que de volta ó Hostal.
Deitámonos pasadas
a 1 da madrugada.
Sábado
23 de maio
Este será o día
máis longo, algún debe ter presa que xa ás 8 a.m.anda dando portazos.
Desayunamos ás 9, café e tostadas…e andando. Ás 9´30 h saímos en
bus hacia a ruta. Está nublado e volven as dudas da meteorología.
Cruzamos a ponte sobre o río Limia e tras unha pequena subida chegamos ó
pobo de Padrendo, lugar de saida da ruta pola Serra.. Imos coñecer o
Parque Natural da Baixa Limia, a Serra do Xurés.
A ruta que imos
facer ten saida e fin en Padrendo. Son 7 km en sentido circular: Padrendo
- Torneiros - Padrendo. Ainda que indican que dura 5 h, realmente faise en
3 h.
Unha señora moi
amable danos unha orientación e arrincamos. Son as 9´55h. De inicio imos
por un camiño e ó pouco metemos xa nun frondoso sendeiro entre carballos,
pinos, acebos, abetos e alcornoques, co chan cuberto de follas secas. A
pendiente faise mayor e ó carón corre un riachuelo. Atopamos 2 muíños
coas moas restauradas ainda que non funcionan, son os Muíños de
Freixeiro; tamén vemos varios cabazos. Entendemos porque esta é unha
zona de valor arqueológico, etnográfico e histórico. Imos subindo
sempre a carón dun regato que pon son á marcha.
A medida que
seguimos subindo vai desaparecendo a vegetación e amplianse as vistas
sobre o val. Facemos unha parada de reagrupamento a carón dunha pista e
seguimos xa sobre monte raso.
Chegamos a unha
zona de chan conocida como Chan de
Ventoselo, ós pes da Serra de Sta
Eufemia. Aquí disfrutamos das vistas e do roquedo granítico da Serra,
cunha cota de 1.107 m. Alí vemos numerosas e grandes rochas, conocidas
como "bolos" ou "piedras caballeras" ; a natureza
sempre impresionándonos.
O que non vemos é
fauna, noutros tempos había osos e a cabra do Xurés, que desapareceron a
causa do home, como non, pero a cabra estase intentando repoblar. Xa hai
censadas 30 unidades.
Ó final do ascenso
cruzamos a Corga de Costegaza, desde onde se contempla toda a panorámica
da Serra do Xurés. Desde a cima vemos como o ceo comeza a ennegrecerse,
"creo que aguantará" (anunciaron tormenta).
Empezamos a
baixada hacia Torneiros, algo perigosa, pola pendente e pola gravilla. A
paisaxe cambia de monte baixo a formacións rocosas. O ceo vaise nublando
máis. Vemos unha pequena cascada en Corga de Toucedo, xa de novo entre
alcornoques e robles.
Podemos ver os
primeiros cultivos, feitos en pequenas terrazas nas laderas da montaña,
máis conocidos como "socalcos".
Cando chegamos ó
pobo de Torneiros de Riocaldo desátase a tormenta sobre nós.
Afortunadamente podemos gardarnos na aira dunha casa gracias á
amabilidade dos veciños. Pouco a pouco van chegando os demais. Alí danos
tempo a cantar ó ritmo da batuta do presi e tras 45m de espera vendo como
non amainaba a tormenta, decidimos seguir.
A maioría
diríxese ó encontro do bus e só 2 continúan a ruta, atopándose baixo
unha persistente tormenta, con tronos sobre as nosas cabezas a cada minuto
e no medio dun frondoso monte con carballos e pinos ó primeiro e de monte
baixo ó final. Subidas e baixadas constantes e moitos desvios
¡fascinante! E sempre, durante toda a ruta, acompañados polo canturreo
de riachuelos, procedentes das choivas e do desxeo, que van indo parar ó
rio Limia e ós embalses de Salas e Lindoso.
En Padrendo
atopamos uns 20 cabazos típicos feitos en granito e que aparecen nas
fotos. Chegamos á meta…empapados.
Son as 13´20 h.
Cambiámonos a roupa mollada e tiramos hacia Portugal.
Cruzamos a
fronteira mentres a tormenta segue durante case a hora que nos leva chegar
ata Ponte da
Barca. Hai que quitarlle unha hora ó reloxio. As vistas ó
longo do rio Limia (Lima en portugués) son preciosas, aquí tamén as
parras son habituais. O apetito é importante, entre polo esforzo feito e
pola gana de probalo " bacallau portuxés "
no Rte Varanda do
Lima.
Chegamos a Ponte da
Barca. Entramos no restaurante sen tardar e sentámonos en mesas de 4 e 6
platos. O local é coqueto, a decoración bonita, cos típicos panos
atados ás columnas. Nos pratos espéranos os entrantes, incluidos
chourizos da zona ; despois chega a sopa, un pouco espesa e perfecta para
entrar en calor trala molladura. Entón chega o ansiado bacalao á
portuguesa, coa súa salsa. ¡Pero que bo está! Hai quen repite, ata
dúas veces. E todo regado cun viño tinto que fai as delicias incluso dos
non vinícolas. Ata o pan está bo. O servicio bo e rápido. Tras 2 horas
a comida remata cun doce postre e saímos a facela foto de grupo xunto á
ponte medieval de Ponte da Barca, que debe ter gran caudal en época de
choiva.
Con bo tempo
saimos hacia Braga. A paisaxe é igual, parras e plantacións, con casas
ben coidadas. Aquí tamén hai moita propaganda sobre as eleccións
europeas do 7 de xuño. Vemos carteis que avisan da prevención do lume
debido ós danos que causou os últimos anos no pais.
A viaxe é pola
estrada nacional, non é moi rápida pero permítenos ver varios pobos. O
máis bonito quizais o de Vila
Verde, cunha igrexa preciosa. Algúns non a
ven porque van durmindo a sesta ¿ será polo viño ? non creo, será polo
cansancio da ruta.
O sol loce
forte cando chegamos a Braga, vemos como creceu a cidade nos últimos anos
de forma correcta. Subimos o monte do Bom Jesús pola longa e prolongada
pendente de sempre. Chegamos ó alto ás 18´30 h, visitamos a igrexa que
domina a cidade e tomamos fotos de ambas. Algúns conocen o lugar e dan
explicacións ós demáis. Comendo helados voltamos ó bus e baixamos ata
a escalinata do Bom Jesús. ¡Impresionante a construcción! Recomendable
visitar o lugar unha vez na vida. Baixamos a escalinata dominada por
numerosas imaxes religiosas e por fontes en cada recodo.
Chegamos abaixo e,
tras unha pequena espera, subimos ó bus camiño do Hostal, son as 20´30
h. Xusto nese intre empeza a chover. A viaxe agora é por autopista, temos
menos vistas pero ganamos en velocidade. A anécdota foi o adiantamento
que nos fixo un turismo pola dereita na autopista, tendo máis que decir
eles. Vai ser verdade a fama do conductor portugués. O que quedou claro
é que fan soar a bocina con demasiada facilidade. En Ourense e Portugal
abundan as protecciós metálicas para motoristas nas curvas. Ogallá
aprendesen en Galicia.
A choiva faise
máis e máis intensa a medida que chegamos a Galicia tornándose en
tormenta ó chegar á altura do rio Limia. Os raios cruzan o ceo, para
gusto duns e susto doutros. Algún ve como un raio se mete no rio.
Cando cruzamos a
fronteira a Galicia soan aplausos. Segue chovendo.
Chegamos ó Hostal
ás 22 h. e, para a nosa sorpresa, atopámonos cun apagón no pobo de
Entrimo, que tamén afecta ó hostal. Así que a esperar na entrada. É
sábado e a atención céntrase na liga. Como temos varios asturianos a
bordo sintonizamos a radio para ver qué pasa co Sporting de Gijón. Hai
moita emoción, gol do Gijón, do Osasuna, do At. Madrid… ó final, o
Sporting depende de si mismo para salvarse na casa a semana que ven. ¡Sorte!
Segue o apagón,
outros huéspedes cean á luz das velas no comedor ¿tocaranos tamen? Así
é, son as 12 da noite e entramos no comedor. A imaxe é evocadora, a mesa
posta e as velas acesas, o ambiente non pode ser máis familiar, incluso
romántico. Promete.
Non tardamos en
botarnos sobre a pasta con carne que nos agarda nas bandexas. A algún
cóstalle atinar co bocado, sálvase que a luz volve…vaise…volve. Uns
piden que apaguen a luz, pero vai ser que non. Damos boa conta tamén da
merluza á romana con patacas, da ensalada e da piña de postre. Despois
algúns van ver os goles da xornada e outros a retarse no billar, pero a
mayoría adicáronse a repasar, acompañados dun bo café, as anécdotas
dun día longo, extraño e emocionante que xa rematou.
Preto das 2 da
mañá. vamos indo á cama. Outro día espera, será o último.
Domingo
24 de maio
Son as 8 a.m.
e pouco a pouco vamos baixando a desayunar. Espéranos o balneario.
Volvemos a tomar tostadas e café pero fáltanos a fruta. Collemos o
autobús ás 9´30 h hacia Portela do Home para facela ruta da Via
romana.
Trátase dun trazado restaurado da antiga ruta romana que unía as cidades
de Astorga, Braga e Ourense, e que incluso tiña conexión coas terras
lucenses. Esta via romana tiña 7 metros de ancho pero agora apenas 2
metros.
Empezamos a
ruta ás 10 h, ó inicio é algo pendiente sobre chan de pedra, pero
despois chega a unha pista chá moi fácil, que nos levará ata o
balneario en pouco máis dunha hora. No camiño atopamos un muíño, coa
súa moa, xunto ó río e tamén unhas termas que están sendo
restauradas, que dan idea do uso aproveitado séculos atrás.
Son as 11´15 h e
chegamos ó balneario de
Lobios, lugar do que saen numerosas rutas de
senderismo. Entramos no balneario, xa conocido por alguns compañeiros.
Entramos 25 persoas e o resto vanse andando ata o pobo (a 6 km) e van de
tapas. Bueno, un vaise de ruta improvisada e atopa un tesouro de cereixas.
Dos que entramos no balneario, 10 collemos un " bono salud " que
inclúe piscina, baño hidromasaje e masaxe.
Empezamos o
relax na piscina, alí atopamos, por primeira vez en 40 anos, en amplia
superficie de auga a Antonio, toda unha experiencia, está orgulloso e
nós del. Recomendable todo, empezando pola piscina e sen falar do masaxe
de espalda uns e de perna outros ou do baño termal.
Tras 2 horas no
balneario saímos. Hai que volver, así será.
Ás 2 da tarde
subimos ó bus para ir comer no hostal. Volve a chover. Chegamos ó hostal
e están poñendo a proba en Mónaco da Fórmula 1 con Fernando Alonso.
Outra vez vai atrás (7º), al menos non ganará Hamilton.
Comeza ás 14´30 h
a última comida no hostal. O menú son: entrantes, ensaladilla rusa,
filete con patacas e ensalada, de postre haubo flan caseiro. Hai que decir
que o mellor do hostal foi a comida, servicio rápido e tranquilidade. O
único malo foi a zona de recepción-bar, sempre con ambiente cargado ó
ser zona común de paso e tamén bar co conseguinte tabaco.
Facemos as maletas
e baixamos ó bus. Despedímonos do persoal e tamén dos 4 socios de
Madrid que se van en coche á capital. Saímos para Foz ás 16´20 h. O
ambiente é tranquilo, a aventura xa rematou ¿seguro? Ainda agarda unha
sorpresa.
Pasamos por
Celanova e outros pobos, pero xusto saindo de Parderrubias (si si, este é
o nome dun pobo) levamos un susto.
Son as 17´08 h,
oese un estoupido, que asusta a uns e desperta a outros (so un seguiu
durmindo), estamos no medio dunha curva a dereitas e o bus vaise de cú á
esquerda e despois a dereita. Tranquilos, Vila o chofer xa ten o control
do vehículo. Aparcamos no arcén pero estamos entre 2 curvas, pode ser
perigoso. Alí comprobamos que pincharon as 2 rodas traseiras esquerdas.
Tras comprobar que non se pode arranxar e as chamadas feitas, decídese
que nos transporte outro bus a Foz. A diligencia de Vila, Ana e Florencio
merece un aplauso.
Ás 18´04 h
subimos a outro bus, pero sin moitas das maletas, pois a Garda de Tráfico
non permite recollelas. Así, cun pouco de nerviosismo reemprendémola
viaxe. Alí quedan Vila e Florencio para esperar o servicio de arranxo do
bus.
A volta faise
rápida e cómoda, está nublado e non chove. Voltamos pola mesma estrada
da ida. Son moitos os que quedan dormidos, a viaxe foi amplia en emocións.
Facemos un descanso
ás 19´20 h. no Picato, na entrada a Lugo, o tempo é frio. Parada
rápida e seguir. No resto da viaxe a Foz vemos as cores alegres da
primavera que dan cor a un dia nublado, posiblemente sexa a mellor época
do ano, ata os toxos floridos son fermosos.
Despois dunha fin
de semana longa, chegamos a Foz ás 21´00 h. Collémolas maletas e
despedímonos…ata dentro de 2 horas, pois ás 23 h. chega o outro bus
coas maletas.
Por certo, ó día
seguinte de voltar, o Parque do Xurés e do Geres son declarados pola
UNESCO reservas da biosfera, a 5ª de Galicia ata o de agora.
Como todalas
saidas sigan sendo así, poderemos facer unha adaptación televisiva ou
cinematográfica. Agora tocan os encontros da Pontenova, Navia e Burela.
Descansade rapaces,
que quedan moitas aventuras por diante.
¡ HAI AQUELA MASAXE EN LOBIOS !
David
Val Pena
|