REGULAMENTO
DAS SAÍDAS:
A saída é sempre dende a Casa do Concello de Foz
O pagamento do prezo da ruta ou actividade
faráse con ANTELACIÓN. Duas maneiras de facelo:
1.- Ingreso na conta da Asociación no
BANCO SABADELL, como límite o último día para anotarse indicado no ANDAREIRO
da ruta ou actividade (ata as 12 h. da mañan) importante identificarse
correctamente no ingreso.
2.- Pago no local da Asociación, como
límite o mércores anterior á ruta ou actividade, en horario de 19:30 a 20:00
h.
Nas saídas do grupo, todos saímos e
chegamos xuntos, naide agás co permiso da guía, poderá tomar outra ruta
que non esté no programa establecido nin abandonar o grupo.
Neste grupo hai un equipo que traballa para
que todos disfrutedes da ruta. Colabora tí tamén
NOTAS
IMPORTANTES:
Tódalas actividades deste calendario
poden estar suxeitas a modificación ou anulación, si causas de forza
maior así o aconsellan, do cal avisaríase con suficiente
antelación.
As características de tódalas
actividades a realizar (hora de saída, duración aproximada e dureza)
serán comunicadas no andadeiro do mes que se colocarán nos lugares de
costume e na páxina web oficial. Prestar atención a ambos medios.
Aconséllase equipo básico de
sendeirismo e estar en posesión da licenza federativa que se debe
solicitar na Asociación antes do 31 de Decembro de cada ano para estar
protexido en caso de accidente, pois a Asociación non se fai responsable
de posibles accidentes ou rescates dos participantes nas rutas ou
actividades.
A Xunta Directiva vixente reservase a
facultade para variar o calendario de actividades, tanto rutas como o día de
celebración. Asímesmo si non é viable o desprazamento en autobús por non
contar coa participación mínima, farase en vehículos particulares ou con
outras asociacións/grupos da zona para o que hai que adaptarse o itinerario
destes.
Calquera suxestión ou comentario poden
dirixirse á Asociación por email a:
ossendeiros@yahoo.es
HORARIO:
É moi difícil asignar un horario xusta
para cada percorrido. Este variará en función das facultades físicas e
entrenamento de cada un.
O horario de unha ruta refírese a tempos
medios aproximados a persoal experimentado, o cal sempre leva engadido un
tempo estimado de paradas.
A
secretaría da asociación estará aberta tódolos mercores de 19:30 a
20:30 h no inverno e no verán a partir das 20:00 h
|