Powered by Wikiloc
 
 
 

>  

 

Crónica

Marcha Galega de Veteranos

Este ano para a Marcha desprazarémonos ata Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra. Concentrámonos diante do consistorio. Que pracer reencontrase con compañeiros doutros clubs que hai tempo que non viamos.

Tras unhas breves palabras da organización e da federación comezamos a nosa marcha. Dirixímonos cara ao norte, camiñando polas rúas da vila, desde o alto temos unhas bonitas vistas desta zona. Pasamos por casas de aldea dedicadas a labores agrícolas, coas súas construcións típicas. Pasamos por Souto xa vemos maceiras e castiñeiros, antes de entrar en Carballal desviámonos á dereita en suave descenso, e atopámonos cunhas nogueiras maxestosas, que xa teñen noces no chan, cousa que algúns aproveitan para recoller algunhas e así logo gozalas, nas casas hai parras cargadas dunhas uvas negras moi saborosas, maceiras cargadas, fermosas figueiras, tamén atopamos grandes pasteiros e maizales, é unha veiga moi fértil. O camiño esta flanqueado por carballos, castiñeiros, piñeiros, nogueiras, que tapizan o chan de follas, landras e ourizos, esas árbores dannos unha sombra moi prestosa. Pasamos por Corna camiño de Cedelle, onde nos reciben uns membrilleros, moi cargados. Seguimos ata chegar a Fontarcade, onde faremos unha pequena parada para comer algo e repoñer forzas. Continuamos e pasamos á beira dunha fermosa chumbera, saímos do pobo e comezamos a senda que bordea o pantano, fermoso camiño vexetal, rodeados de carballos, castiñeiros, piñeiros, algún eucalipto, este camiño lévanos ao embarcadoiro do ferri, o cal empregaremos para cruzar á outra beira do encoro e asi continuar a nosa marcha, o cruzamento faise en quendas de 12 persoas, así que cruzar a todo o grupo leva un tempo.Xa na outra beira, bordearemos o encoro por un fermoso camiño, para despois dunha pequena subida chegar a Beigondo, onde celebraremos a comida de onfraternidade.

Bonito día, grazas a todos.

Un saúdo.

Morís