Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Ruta: Illas Cíes

 Vigo 

22 de Xuño de 2008

Saída: 06:30 da mañán

Duración aprox.:  2,5 h.

Dificultade: Media

    

 

Crónica

 

Son As cinco e media da maña cando xonan os reloxos nos fogares dos Sendeiros; un madrugón forte pero altamente positivo pola ruta tan ansiada que tíñamos diante. Ás seis e media partiamos de Foz 79 sendeiristas con gañas de comezar o viaxe rumbo a Vigo, para dende alí tomar o Barco que nos levaría ao Arquipélago das Cíes

Ía a ser a segunda vez que necesitábamos dous autobuses para levar ao  numeroso grupo  que día a día vai en aumento. Ojalla sigamos por este sendeiro e que consigamos facer un pouco máis agradable a vida a todos os que nos acompañan, sendo respetuosos coa natureza e disfrutando da sua grandeza e beleza. 

O ceo estaba pechado de néboa e nubes que facían presaxiar mal tempo, pero a medida que van pasando os kilómetros, xa por terras de Guitiriz comezaba a despexar , con grandes craros e podíase ollar algún que outro raio de sol que facia olvidar o tempo que tíñamos na Mariña de Lugo

Ás nove pasamos polo carón de Santiago de Compostela e, un pouco máis adiante, en Milladoiro, facemos unha paradiña; uns para desayunar, outros para estirar as pernas, en fin un pequeno descanso para retomar de novo a estrada que cara a Pontevedra e o seu entorno. Vamos ollando a ría e os pobos que se espallan a ambas ribeiras  formando un cadro de gran beleza.

Seguimos o longo viaxe e chegamos sobor das de e media  a un Vigo  aínda durminte aproveitando a fin semana. Toda a serpe verde que formamos Os Sendeiros de Foz vamos case desfilando pola ampla  e bonita zoa da cidade na busca do embarcadeiro. Daba gusto vernos. 

Facemos cola e xa vemos o catamarán Arroios que sería o que nos achegaría ás illas Cíes. Ás once fomos embarcando, uns ían a cuberto, outros na primeira cuberta e, os máis mariñeiros, na derradeira cuberta A xente que no catamarán vai e impresionante,  fálase dunhas quinientas persoas, maiores, cativos, xuventude, un mundo máxico coma o Arquipélago que íamos a visitar. Uns 50 minutos dura a travesía que fai que gocemos do Océano Atlántico ao fondo, e a esquerda a magnífica cidade de Vigo, vixiada polo monte Castelo e a sua praia de Samil. Cando chegamos ao embarcadero das illas Cíes xa eran case as doce da mañá; vamos baixando e xuntámonos  ao pe da praia das Rodas

Unha vez formado o grupo partimos a facer a primeira ruta : "Monte do faro de Cíes",  unha ruta con maior contraste de paisaxes, dende o areal de Rodas e o Lago, ata o miradoiro do faro, coa amplitude do océano dun lado e a ría de Vigo por outro.

 O camiño vai en unha subida suave fácil de andar, son uns sete kilómetros ida e volta e merece a pena ollar a maxestuosa obra feita nos alrededores do faro de Cíes, case que se parece a muralla China. Pero o verdadeiramente impresionante son as vistas que dende esa atalaia podes ollar: o gran Océano Atlántico, a gran beleza da illa do Sur ou de San Martiño, no medio ten unha cala que te fai soñar coas illas do Caribe. Sargos, muxos, salmonetes, polbos, case que se poden tocar coa mán no Lago, peixes que serefúxian da forza do atlántico.

O monte faro e o punto visitable máis alto da illa. De volta do Faro,  tomamos o sendeiro que ía a levarnos a ruta: "Faro da Porta". O  paseo fixémolo según vimos do monte do faro, e con unha suave baixada sempre a beira do mar e disfrutando da illa do Sur. O calor facía mella no grupo e algúns, entre eles eu, despois de facer estes dous percorridos decidimos disfrutar da praia e, por que non decilo, eran ás duas e media e os estómagos xa daban síntomas da fame. Outros decidiron seguir os dous percorridos que aínda faltaban: a ruta "Alto do Principe" e a ruta: "Monteagudo", sendeiros curtos que ascenden dende o areal de Rodas  ata os acantilados do miradoiro Alto do Principe, onde se poden contemplar abruñeiros, e toxeiras, mostra da vexetación propia destas illas. E a outra vai dende a Duna de Muxieiro ata o acantilado de Monteagudo, onde a mirada se para entre os perfís da illa de Ons e os acantilados da "Costa da Vela". 

O sol era de xusticia e cada quen foi buscando unha boa sombra para o xantar cada quen os seus "bocatas", os bos grolos de cervexa, as botas de viño facían a sua presencia poñendo en condicións os estámagos, as nosas voces se sinteran neste Arquipélago de tanta fermosura. . Ás catro e cuarto aparecían os que foran a facer ás outras duas rutas, o que máis e o que menos traía consigo unha boa suada, e a fame, según me comentó un, era negra. 

Unha vez repostos uns fomos a tomar o sol a praia de Rodas. Esta praia ten unha area branca e fina capaz de namorar a calquera. Outros paseaban disfrutando das fermosas dunas, e os demais tomando uns cafés no restaurante do lugar, un establecemento amplo cunha fermosa terraza a carón do océano. 

Sobre as cinco do serán fomos  pouco a pouco camiño do embarcadeiro, non sen antes aproveitar os derradeiros momentos deste sitio singular; uns aínda se deron o último baño, e os demáis tomando o sol, mentras esperamos o catamarán que nos achegará de novo a Vigo. ¡¡ algúns ívanche guapos do sol!! 

Eran as seis cando o catamarán Arroyos zarpou rumbo a cidade Olívica, houbo bastante juerga durante o traxecto e incluso máis de un cantar se entonou, enchendo de notas musicais a grandiosa ría de Vigo. Ás sete de novo o grupo Os Sendeiros vaixamos do Catamarán enfilando a gran explanada cara o autobus que xa estaban esperándonos. 

Como anécdota comentar que nos atopamos na cidade a Pedro da Zoca e á filla de Mari Tere e máis o seu neto. Cansos e faltos de dormir, subimos ó autobus e rumbo a casa.

Xxa se oían os comentarios sobre o partido España - Italia que se xugaban o pase a semifinal do campionato europeo de futbol, uns durmindo e outros escoitando a radio cunha certa intriga, pois o resultado seguía 0-0 e non había forma de meterlle un gol a os italianos, ¡¡ van a eliminarnos, xa verás, coma a sempre!!.

 Eran ás nove e fixemos unha parada en Guitiriz para descansar un pouco e ver o final do primeiro tempo do partido, todos expectantes das xugadas que facían os seleccionados Silva, Villa, Torres, etc... De novo no autobus sufrindo e escoitando algún que outro comentario da ruta que fixeramos, pasan os kilómetros e chegando a o alto da Xesta temos un troco de tempo increible: choiva fina e pechado de névoa, ¡ non se pode crer !, nun momento pasar dun día de vrao a un día infernal.

A radio seguia coa selección española e o resultado o mesmo 0-0. Sigue a choiva, baixamos a Mondoñedo, Lourenzá e chegando a Foz remata o partido de futbol. Cando eran ás dez e cuarenta  chegamos a Foz, recollemos as mochilas e demáis trebellos e corre que corre cara á casa para ver a prórroga do partido e máis os penaltis. España eliminou a Italia despois de oitenta e oito anos sen gañarlles e vamos as semifinais. ¡¡¡¡¡ Aupa a Roxa !!!!!. 

" Un Parque Nacional onde o mar é o protagonista da vida"

 O noso aire énchese de sal mariño, e Os sendeiros énchense cada día de boa xente que fan que traballemos todos con máis ilusión.

 Grazas pola vosa compañía, e ata a próxima.

 José Luis