>
Crónica
Andaina Solidaria
de Reis, Barreiros.
Iniciamos as
nosas saídas deste 2023, no
concello de Barreiros, coa
Andaina Solidaria de Reis, a
beneficio da asociación Saúde
Mental dá Mariña, co que poñer o
noso pequeno granito de area en
favor desta asociación.
Concentrámonos no campo de
futbol o Cascabeiro de Barreiros,
recollemos o dorsal e unha
gorra, falamos con outros
participantes e esperamos na
liña de saída, ata o momento do
comezo da Andaina. Imos
dirección Aspera, para pasar
xunto á igrexa da parroquia de
San Cosme, continuamos dirección
oeste, ata o Vilar, tras pasar
sobre a via do tren collemos
unha pista á nosa dereita, a cal
nos levara ás inmediacións da
Cruz do Lobo, para coller o
Camiño Natural do Cantábrico,
pasamos xunto á casa de Milo
Pallares e imos bordeando a ría
en dirección este, pasamos pola
Lagoa dos Patos, seguimos ata a
Barcela e desde o miradoiro,
vemos a ría e enfronte Foz,
seguimos camiñando ata chegar ao
campo de futbol de onde partimos
á primeira hora e así poñemos
punto final ao roteiro de hoxe.
Un saúdo.
Morís.