Crónica
Benqueridos compañeiros!
Antes de meterme de cheo nas vivencias deste día ,lembrar que hoxe foi o día que Asociación adica
aos socios, vamos en
dirección a Piantón
(Vegadeo), para facer a
Ruta do Mazo de
Meredo, con 16
km. de percorrido, e algunha que outra dificultade, pero, nada que amole a
este grupo, porque a todos nos une un mesmo sentimento: pasar un fermoso
día cos compañeiros de "fatigas".
Vou intentar relatarvos o
que foi para min este día, moi especial sen dúbida, xa polo simple feito
de compartilo con vos. Cando chego pola maña ao bus, observo 48
intrépidos "sendeiros" con moitas ganas de pasar un fermoso
día, pero...aínda non estamos todos, a primeira paradiña en Mañente,
ali
suben outros tres compañeiros. A seguinte é en Ribadeo,
non podemos
esquecernos deles, non, ali están na beira da rúa esperando por nos. E,
xa
por último, so nos queda recoller a Andrea, claro, ela ten ventaxa, como vive
en Vegadeo.
Ás 10 da maña estamos todos listos para comenzar a
ruta, o
día está perfecto para camiñar e todos vamos moi animados cando
atravesamos a Ponte Romana. Hai meu Deus!( penso para min) non saben o que
lles espera!!! Este primeiro tramo é en lixeiro ascenso, pero pasiño a
pasiño achegamonos a Arcilo, aqui damos un respiro para retomar outra vez
a senda que sigue ascendendo ata Cobre. Xa escoito as primeiras
bromas: "que si acabo con eles", "que si son unha
gacela", "que si os quero matar"... E, por suposto, para
mortificalos máis, recalcolles ben que neste punto temos dúas opcións e
nos vamos seguir pola dereita,je,je...é o camiño máis longo, pero..."o
máis fermoso" lles digo,de algunha maneira vos teño que animar.
Van
ser casi as doce da maña,cando chegamos o Mazo, facemos unha paradiña no
aparcadoiro para reagruparnos e esperar pola "cola", xa está
cerca, pero algún aproveita para tomar un bocado, bocado digo? menudo bocata
se está preparando Luciano, de anchoas, teño probas, mirade no albún de
fotos. Outros sacan o chocolate, os froitos secos, e, os menos, unha froita.
Xa
todos repostos baixamos o Mazo, ali, Modesto,o garda,
amablemente nos mostra
o funcionamento do muiño, está moendo trigo. Chámame a atención o interese
que poñen os pícaros, pero, non é de estranar, para eles esto é unha
novidade, nin siquiera imaxinaban que a forza da auga fora capaz de poñer
a pedra do muiño en movemento. E, a forxa? Xa está listo o lume para
moldear o ferro, observamos como golpe a golpe este vai tomando a forma
desexada. Neste marco incomparable, e aproveitando unha pequena fervenza,
facemos a foto de grupo. Teño que facer números para que saiamos
todos!
Retomamos o camiño, creo, sen dúbida, que a parte máis fermosa da
ruta, rodeados de castiñeiros, sumerximonos nunha impresionante carballeira
e todo elo acompañado co son que produce a auga do Río Suarón que
discurre o noso marxen dereito. Empezamos a subir outra vez: "O bo
dura pouco", dicen os meus compañeiros, pero sen darnos conta chegamos
a Arcilo e dende aqui descendemos ata Piantón,
onde nos espera o bus.
Onde virá o "presi"?d igo eu, pero dende a Ponte xa o vexo
acercarse, non poido deixar de plasmar este momento nunha foto, e que
foto! xa queda para posteridade.
Ás 14.45 h, e según o previsto,chegamos o
Restaurante A Barrica, non teñen unha presa, teño que mandarlle
sentarse. Por fin estamos todos, 54 famentos comensales dispostos a devorar
os boisimos callos, algo picantes pero boisimos; detrás unha fonte de
cordeiro con patacas e un riquisimo arroz con leite de sobremesa.Que
fartura! Agora pedimos manzanillas... Perdoademe amigos meus, pero non podia
rematar o día sen pedirlle unha verbas o noso presi, José
Luis, se alguén
merece poñerlle un broche de ouro a este fermoso día, ese é el, porque é
unha persoa que nunca nos deixa esquecer o sendeiro que temos que seguir
para ir polo bo camiño.
As cinco da tarde emprendemos o regreso a Foz,
creo que foi un bo día, creo que cada pasiño que damos nos Sendeiros, é un lazo que nos
une, e que tanto os meus compañeiros da
directiva como eu, levamos un "cachiño" de vos nos nosos
corazóns.
A todos vos, moitas grazas por compartir con nos un novo
andareiro e coa vosa presenza facer que cada novo encontro sexa
inolvidable.
Unha aperta da vosa compañeira Ana
|