Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Entorno de Grandas de Salime

 Grandas de Salime (Asturias) 

19 de Outubro de 2008

Saída: 07:30 h  da mañán

Dificultade: Fácil

Duración aproximada: 3 h.

Crónica

                                                                                                                                                   

Despois de vixiar espectantes o tempo ao longo da semana, chega o domingo e temos unha mañá fermosa para a práctica do sendeirismo. O grupo coma a sempre, con ledicia e bo humor disposto a pasar o día polas montañas do Occidente Astur

Ás sete e media partimos de Foz un grupo formado esta vez por corenta sendeiristas, Hoxe uníase a nos un matrimonio de Extremadura, Juan e María, amigos dos nosos entrañables Julita e Luciano, xente moi agradable e que asiña fixeron piña con o grupo e, de seguro que máis de un escoitou as ensinanzas sobre a natureza que fixeron ao longo do camiño. A primeira parada foi na Corredoira , Mañente, e por último en Barreiros para recoller a parella de Pucela

Seguimos a ruta ata Ribadeo e coller a dirección a Vegadeo para tomar a carretera da Garganta que nos achega a Os Oscos, pasando polas aínda dormidos pobos de Villanueva e San martín de Oscos, para acto seguido cruzar o coqueto pobo de Pesoz, cun manto de névoa no deixaba ollar o espectacular paixase que tíñamos diante. Ás dez menos cuarto chegamos a Grandas de Salime, pobo que merece a pena coñecer, non soamente polo seu encoro que fora unha obra faraónica nos anos cincuenta, se non tamén polos seus entornos, pero falaremos máis adiante. 

Baixamos do bus e de seguido arranchamos os nosos equipos e corre na busca dun café, aunque algúns acompañarono cun cachiño de dulce. Xa se comeza a falar do tempo: si abre a névoa, si levo o chuvasqueiro, vaia madrugón, en fin das nosas cousas, A nosa guía Ana agrúpanos e de seguido a camiñar que a eso vimos. 

Tomamos a senda pola rua do Ferreiro pasamos ao carón do Museo Etnográfico e, a uns metros vémonos metidos no medio da senda un pouco en costa e a névoa de compañeira. Comentase que vaia pena non poder contemplar o río Navia que fai a cola do encoro de Grandas. O grupo comeza a estirarse coma unha goma e cada un busca a sua comodidade para camiñar. 

Chegamos a cota máis alta uns 700 metros de altitude seguía a cortina de bruma que non deixaba disfrutar das belas vistas que tíñamos diante. Unha vez chegamos ao alto vemos que a cortina de névoa ía a menos, e así chegamos a Robledo. Comezamos a ollar moitas vacas soltas polas fermosas e coidadas pradeiras e un pouco tímidos vamos collendo alguna que outra seta , as chamadas "LEPIOTAS" que abundan pola zoa e, coas ensenanzas de Juan e as recetas de Menchu, uns e outros foimos collendo unhas poucas para degustarlas na casa. 

100_2530 por ti.

100_2528 por ti.

100_2544 por ti.

IMG_0186 por ti.

Así fomos facendo o camiño ao mesmo tempo que asomaba un sol reluciente cun ceo despexado que agora nos facía disfrutar do paixase que tíñamos ao noso entorno. Pasamos diante da Casa Grande, casona rural do século XIII, seguimos o camiño asfaltado ata aldea de Escanlares, xusto a carón da capela de San Roque temos unha fonte, na parte baixa do caserio. Despois chegamos a Farrapa e collemos a estrada da Fonsagrada, un pequeno tramo do "camiño primitivo de Santiago", pasando pola coñecida fábrica de queixos Monteverde

Collemos o desvio a dereita e ascendemos polo camiño ata o Chao da Serra, na súa cume observamos as antenas de telecomunicacións,e xa divisamos as casas do pobo de Grandas. Pouco a pouco vamos facendo o camiño entre seta e seta, mentras as vacas observan ao noso grupo de camaradería. Chegamos ao pobo a unha e cuarto e, a sorpresa foi coma íamos cargados uns e outros coas nosas bolsas cheas de setas.

 Descansamos un pouco e a unha e media tíñamos a entrada ao Museo Etnográfico. Todos xuntos formando unha " Marea Verde ", entramos ao museo que é verdadeiramente impresionante, tráenos recordos para algúns da nosa infancia e para outros descubrir o romántico que eran aqueles anos. Vimos o taller de zapateiro, a tenda de ultramarinos, a barberia, a escola, algúnha sendeira séntase nos primeiros pupitres, pois según dixo ela nunca poideira sentarse neles. "eranche soamente para as máis listas". Seguimos a visita polo mazo, a carpinteria, o taller das zocas, en fín un lugar recomendable para pasar unhas horas disfrutando de outra época aínda moi recente.

Ruta Alrededores de Grandas 013 por ti.

Ruta los alrededores de Grandas. (19-10-08) 021 por ti.

Ruta los alrededores de Grandas. (19-10-08) 022 por ti.

Ruta los alrededores de Grandas. (19-10-08) 054 por ti.

 Despois da visita surxe a fame cada vez máis nos corpos,xa ímos solos a carón do restaurante A Reigada. Vamos pouco a pouco acomodándonos, outros a disfrutar dos manxares que tíñamos enrriba da mesa : "Pote de navizas, cordeiro e postre" comida ben preparada e abundante, moi recomendable.

 Nos postres festexamos o cumpleanos da nosa amiga MARÍA, eu creo que ata se emocionó, ¡¡que cumplas moitos máis!!. 

Despois de disfrutar dun bo xantar aínda teremos tempo para facer unha paradiña no Museo Chao de San Martín antes de voltar o noso fogar, Un museo onde se poden ollar vestixios dos séculos I e II A.C. verdadeira gozada digno de visitar, cun sol de xusticia saímos do museo e aínda nos quedaba por visitar o Castro do Chao de San Martín, hoxendía siguen as escavacións, a guía fíxonos unha moi boa explicación sobre os hallazgos e os traballos feitos ata agora. MOITAS GRAZAS.

 O redor das seis e media de novo no autobús saímos de Grandas de Salime, unha paradiña no pobo de Pesoz a mitigar a sede que o xantar nos dera, a xente parecía que non tiña moitas ganas de cantar e de volta a casa , chegando ao redor das oito e media sin novedade. 

Un saudo 

José Luis,