CRÓNICA
Neste fermoso
e luminoso sábado, 24 de
setembro, convidados un ano máis
pola asociación Os Sendeiros de
Foz, realizamos esta fermosa
ruta, partindo da praia da
Pampillosa para irmos ata a
aldea de Fouzouro e ascender río
arriba ata voltarmos ao punto de
saída. O traxecto do río Ouro
transconrre por lugares, como
diciamos, fermosos e sempre
pegado ao río. Dicir que este
ano notamos que arranxaron e
melloraron a contorna da saída,
aínda que as marxes do río
deixaban ver aínda a desfeita da
primavera do ano 2010.
De volta, os da asociación Os
Sendeiros, tíñanos preparado
unha auga e froita, é de
agradecer esta amabilidade; logo
do pequeno descanso, seguimos
arredor da costa con fermosas
calas e múltipes paneis
informativos ao longo do
percorrido. Entramos en Foz
pegados á Rapadoira e ao pé do
porto, en Tupide fomos
agasallados, para os que
quixeron, con bonito,bolo preñao,
pan, postre e viño. Alí
entregamos ao Presidente, José
Luís Suárez, catro guías dos
Itinerarios polo Concello de
Castroverde.
Desde aquí damos as grazas á
organización e, finalmente dicir
que nos xuntamos asociacións
desde Gijón,Cudillero,Luarca,
Navia, Lugo, As Pontes, O
Valadouro...Xove ata a pequena
representación de Amigos do
Patrimonio, apenas media ducia.
En total, segundo a
organización, arredor de 500
persoas.
Saúde.
Manolo Muñiz
Asoc. Amigos do patrimonio de
Castroverde
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A asociación
Pasada das Cabras de Burela
decidiron quedarse ao lado da
casa e asistir ao Encontro Río
Ouro e Praias de Foz que
organizó Os Sendeiros de Foz. A
ocasión serveo non só para
caminar enha paisaxe
inmellorable pola súa beleza,
eno tambien para intercambiar
experenzas co as cerca de 500
persoas de Galicia e Asturias
que se deron cita no encontro de
sendeirismo.
Dende a asociación burelense,
queren agradecer públicamente a
Os Sendeirosesta iniciativa que
unha vez máis resultó
<<excelente>> “ Todo estaba
magnífico: A música, O xantar, A
señalización, o avituallamento,
os traslados....en fin un dez
para Os Sendeiros, aseguran
dende Pasada das Cabras.
El Progreso 28 de setembro de 2011-09-29