Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 7

Ruta das Augas

Mondoñedo - Lugo

Día 24 de Abril de 2005

Saída as 09:00 da mañán

Duración: 5:30 h

A ruta parte dende a Fontevella, a carón da Catedral de Mondoñedo, adentrándonos ate o Salto do Coro situado nos montes das Bouzas; ofrécelle ós visitantes unha bonita paisaxe fluvial. Despóis da visita ao salto voltamos atrás uns 100 m. e tomamos a subida polas Sete Voltas, chegando á aldea de Supena cerca da Cova do Rei Centolo (hoxe en día está pechada). Neste lugar baixamos e collemos o desvío á esquerda pasando polas aldeas de Mariz e Vilar, esta última en plena restauración, merecendo a pena a súa visita. Dende aquí comezamos a baixada e todo o percorrido de volta ate Mondoñedo é un relaxante paseo á beira do río. Pódese ver unha canteira de pedra en plena explotación e, ó final da ruta, disfrutar das restauracións do barrio dos Muiños e a Ponte do Pasatempo.

Os ríos, regatos e as fontes que descorren polo val verten as súas aguas no Masma, formado polas augas do Valiñadares e o Cesuras. Únese o Troceda e o Figueiras, a partires de  onde tomarán o nome de Masma que chegará  ó mar na ría de Foz. O camiño deixaranos un grato recordo; nel poderemos disfrutar da plena natureza de todo o Val de Mondoñedo, fervenzas, regatos e un gran remanso de paz.

Crónica

O día amencía con poucas gañas de sair o sol, ameazando choiva. Partimos os 33 Sendeiros de Foz as 9 da mañán cara a Mondoñedo, adonde chegamos ás dez. O autobús deixounos a carón do Seminario, cargamos coas mochilas ó lombo e comezamos a marchar dende a Fontevella, que se encontra ó lado da casa onde naceu o ilustre escritor Alvaro Cunqueiro.

Pasamos polo lado dunhas casas vellas que forman unha bela postal. Ó inicio hai un pouco de costa, pero merece a pena contemplar a inmensa panorámica de Mondoñedo.

Segue a ruta entre charla e charla ate chegar ó Salto do Coro, onde nos está esperando a choiva que xa non nos deixaría en todo o camiño. Este salto é espectacular, tanto o seu entorno como a fervenza que forma. Para chegar hai que subir unhas escaleiras e pasar por unha ponte de madeira. Unha vez feita a visita ó salto baixamos uns cen metros e tomamos á esquerda un sendeiro que nos levará á subida chamada das Sete Voltas. Este tramo e bastante duro e ten unha lonxitude de uns setecentos metros. Decir como anécdota que xa ó final un dos camiñantes tivo unha pérdida de oxixeno, sofrindo un pequeno desmaio. E seguia a chover...

7ruta001.png (399821 bytes)

7ruta003.png (399964 bytes)

7ruta006.png (4427994 bytes)

7ruta009.png (408126 bytes)

Chegamos ó alto e continuamos ate chegar á aldea de Supena, onde nos estaba a esperar o grupo que iba diante. Dende aquí tomamos un desvío á esquerda ó lado dun transformador e adentrámonos por un sendeiro que nos fai pasar ó lado dun muiño que parece que ainda funciona. Nada mais pasalo, tomamos unha subida que nos vai acercar á aldea do Vilar, que se encontra en plena restauración. Durante todo este percorrido disfrutamos de unha gran beleza no medio dunhas grandes carballeiras; nestes momentos lucía o sol e podíase estar á sua sombra.

No Vilar fixemos un pequeno descanso para repoñer forzas e continuar a camiñata. Estivemos observando os traballos de restauración que están a facer, podendo ollar como respetan toda-las estructuras que tiñan como os cabozos, lareiras, as formas dos tellados, etc.

Reanudamos o camiño, xa que ainda nos queda máis da metade da ruta, e tamén falta o xantar que nestes casos non se perdoa. Pasamos novamente polo medio de outro paraxe de carballeiras e castiñieros a carón dun regato que nos iba acercando a unha vivenda moi enxebre con un can, ó cal o que mais e o que menos mirou con desconfianza.

Despóis de andar cerca dunha hora dende a última paradiña, a xente xa clamaba por parar para xantar o bocadillo. Ao lonxe divisamos un grupo de casas, e os que iban más adiante xa entraran en conversa con o dono de unha delas para que nos deixase un cobertizo, pois chovía a xarros; deste xeito podíamos xantar máis a gusto.

A verdade é que si non fora polo teito que nos deixou o bó do señor, a molladura ía ser sonada. Case estivemos unha hora no lugar. Cando parou de chover seguimos na dirección das Covas do Rei Centolo, hoxe en día pechadas ó público debido a varios contenciosos entre administracións públicas. Este é un tramo en descenso e chao. Chegamos novamente a Supena onde tomamos unha pista que nos levaría ó final do recorrido. Pouco a pouco e entre falar e fala, fómonos achegando ate unha canteira de pedra que no día de hoxe permanece en plena explotación.

7ruta011.png (3976622 bytes)

7ruta013.png (423637 bytes)

7ruta015.png (4716677 bytes)

Cos pes mollados e cansos, xa tiñamos gañas de chegar. Ainda quedaban uns tres kilómetros, así que con pacencia fomos facendo o derradeiro tramo, que nos levaría a o barrio dos Muiños. Neste barrio de Mondoñedo atópase a Ponte do Pasatempo, e ainda se poden contemplar no río os lavadeiros de roupa recién restaurados. E como non, a Taberna do Valeco, onde tomamos uns cafés e disfrutamos do triunfo de Fernando Alonso sobre Shumacher no premio de San Marino de fórmula I, con un final de infarto. Despóis de unha hora de paseo pola cidade, con tempo para descansar, sobor das cinco da tarde xa estaba Xuan de Manoliño con o seu bus esperando para levarnos de novo a Foz.

Decir que perante toda a ruta das Augas se non chovía, ameazaba. Foi a nosa mellor compañeira durante todo o día. Incluso nos despideo na vila de Foz, a onde chegamos as seis menos carto da tarde. De novo contentos por sair todo máis ou menos como estaba planeado.