Powered by Wikiloc

Crónica

44 MARCHA NACIONAL VETERANOS, BARRANCO POQUEIRA.


Aproveitando que na ponte do Pilar a federación española e andaluza de montañismo organizan a Marcha de Veteranos, nos organizamos unha viaxe a zona cun compoñente turístico ademais do deportivo.


O grupo non é numeroso, pero ten ganas de pasalo ben. Saímos en tren de Xixón con destino Málaga, dende Madrid fomos no AVE, para a maioría é a primeira vez.


O mércores tocou madrugar, tiñamos que coller o tren, o que deixounos tempo para gozar de Málaga, cosa que fixemos pola tarde e mais a noite, fermosa cidade e cun ambiente marabilloso.


O xoves madrugamos para ir facer o Caminito do Rey, ou desfiladeiro dos Gaitanes,nome que colle pola inaguracion que fixo o rey Alfonso XIII ,fermosa paraxe, un desfiladeiro moi famoso que usaban os mais ousados antes de que o amañaran, para amosar a súa preparación e valentía, dado o estado de conservación no que se atopaba. Hoxe esta ben arranxado e faino calquera, non é moi longo pero fai falla o tempo para percorrelo xa que un queda embelesado cas vistas.


Unha vez rematado fomos xantar a Torremolinos, o restaurante o Velero, onde nos deron de comer esplendidamente, unha comida de calidade, abundante e ben arranxada, alí nos atopamos co noso veciño e amigo Manolo. Dende aqui diriximonos a Lanjaron que é onde imos ter a base.


O venres dedicamos o día a visitar a Alhambra e Granada. Comezamos a mañanciña na Alhambra e nos Palacios Nazaries, moi fermosos, e despois de xantar visitamos o barrio do Albaicin, subimos o Miradoiro de San Nicolas, onde din que se ve a mellor posta do sol, e unha espectacular vista da Alhambra, percorremos a xudería e os arredores da catedral, foi unha xornada completa e intensa.


O sábado fomos as Alpujarras para participar na Marcha Nacional de Veteranos, xuntámonos en Capileira, os mais de 500 participantes repartíronos en varios grupos para facer as distintas rutas programadas, que nos amosaran a beleza do entorno do Parque Natural de Sierra Nevada, percorremos os camiños que nos achegaron a Capileira, Bubión e Pampaneira, pobos que están no selecto club dos mais belos de España. O remate da marcha xantamos todos xuntos en Capileira un xantar típico Alpujarreño, co que nos agasallou a organización.


De camiño a Lanjaron paramos en Pampaneira para gozar da súa beleza e de unha feira de produtos artesáns e da Horta local.


O domingo madrugamos para coller o tren que nos traia de regreso a casa.
Fermosa viaxe, gran ponte do Pilar en grata compaña.


Grazas a todos por esta viaxe tan marabillosa.
Un saúdo e ata a próxima.


Morís.