Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Ruta: Río Grande - Río Pequeno

 Ribadeo (Lugo)

13 de Xaneiro de 2008

Saída: 09:30 da mañán

Duración aprox.:  3,5 h.

Dificultade: Baixa

Crónica

 Despois de tantas festas onde seguramente nos pasamos un pouco coas comidas, ceas e algunha que outra copa de máis, Os Sendeiros xa tíñamos gañas de facer unha camiñada. Pois nada,  formamos esta vez o grupo 37 compoñentes, o venres íamos apuntados 45 pero a gripe non perdoa e, o grupo foi menor. 

A saída ás 9,30h. en punto partimos a terras de Ribadeo, pasamos a Vila achegámonos pola estrada da Veiga, e a uns 100 metros despois do cruce da estrada a Reme baixamos do autobús.

 Eran ás dez e media cando partimos pertrechados coas mochilas, paus, e chuvasqueiro por unha pista asfaltada en pequena ascensión, dende ela, gozamos dunha panorámica impresionante da ría de Ribadeo, no alto, imos a dereita por un sendeiro que vai a interior da fraga de Reigosa. As nubes tiñan unha cara de poucos amigos e con ameaza de choiva, coma sempre, a medida que vamos camiñando comeza o calor nos corpos, pero mentres uns soltan roupa, outros máis precavidos pensan en poñer o chuvasqueiro. 

A ruta non está sinalizada,sen limpar e chea de polas de árbores tiradas no chan. A verdade que e unha verdadeira pena que se promocionen estas cousas e cando chegas ao lugar vexas un total abandono. Pero sigamos ao noso. Temos baixadas, subidas, algúns resbalóns, choiva, e así vamos levándoo, disfrutando tamén de fermosas praderías ben coidadas ata chegar a beira de río Grande para saír a ponte de Acea. Cruzamos o río e un pouco máis adiante cruzamos polo medio do monte, e xunto a un dos moitos muíños que hai facemos unha paradiña para reagruparnos e repoñer forzas.

 Algúns xa ían algo cansos, máis que pola dificultade da ruta era a resaca da cea de carnavais do día anterior, seguimos a senda e unha pequena pendente achéganos cara a Reme de Arriba ata atopar un camiño a esquerda que volta ao río, vamos comentando as nosas cousas diarias, a choiva ía cada vez a máis e facíase complicada a camiñada, pero nós seguimos pouco a pouco, o camiño sempre preto do río, continua pasando unha ponte que ao lado esta "A Pena tallada", pena que da nome a unha asociación de sendeirismo de Ribadeo

Algo cansadiños vamos deixando o río Grande a esquerda cada vez máis lonxe, e pasamos pola escola de As Anzas, receen restaurada para un centro cultural. Un desvío a dereita vai atravesando a estrada Reme-Vilamar ata o río pequeno no lugar do O Carboeiro. Seguimos polo medio de bosques cos chuvasqueiros ben mollados, pois a choiva era o noso fiel compañeiro, nesta zoa pódese gozar de fermosas fincas, ben coidadas e traballadas. Neste derradeiro percorrido e chan ata chegar ao final da ruta na parroquia de Ove. Era a unha e cuarto cando chegamos.

 Nesta parroquia de Ribadeo estaba esperando o autobús, algúns cambiaron a roupa mollada, e de novo todos no autobús fomos a tomar uns viños ó restaurante A Pena, na parroquia de Cubelas, alí xa houbo máis que outro comentario, risos e, algún "cantarin" se puido oír. Despois de alegrar as gargantas, co caldo do deus Baco, de novo en marcha vamos camiño da parroquia de Remourelle para xantar. A estas horas o tempo érache infernal, choiva moi forte e os ventos fuxían a gran velocidade. Corroendo dende o autobús ata "A Taberna de Lola" na busca de teito. 

A taberna e pequena par acoller a todo o grupo, a dona deuse conta asina e abreu o comedor para poder abrigarnos. O lugar e enxebre, moi de aldea, con calor humano, boa xente, presaxiaba o que despois ocorreu. Unha vez todos dispostos cada un na súa cadeira, comezamos con sopa de cocido, xa tíñamos alvidado os pesares que habíamos pasado, entre riso e riso e charla, chegaban uns manxares deliciosos de auténtica calidade, carne o Caldeiro, lacón cocido, chourizo, Grelos, Garbanzos, Patacas, e os postres, ¡¡ madre miña que postres !!, requeixón, arroz co leite, torta de queixo. Na sobremesa sirviouse café e licores, acompañada toda ela co cánticos dos carnavais, contos e, coma a sempre o ben ambiente que sempre hai entre todo o grupo.

 Eu me pregunto moitas veces o que se perde a xente que non disfruta destes momentos con nosco. Algunha vez será. Darlle as grazas a Lola pola súa boa comida e que siga sempre así. 

Ás cinco e media dimos por rematada o xantar, e sobre ás seis chegamos a Foz e seguía chovendo. 

Un saúdo 

JoséLuis