Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 16

Ruta Remourelle - Mondigo- Santa Cruz (Ribadeo)

Saída: 09:00 da mañán

Duración: 5 h.

Dificultade: media - alta

 

Cómo chegar:  Partimos de Foz ate San Cosme de Barreiros donde collemos a estrada dirección Trabada, e antes de chegar tomamos no cruce a estrada a Reme ate Remourelle. Nesta poboación comeza a ruta.

Percorrido: O punto de partida para esta ruta en descenso polos montes de Ribadeo é o bar Centro en Remourelle (350 m de altitude). Dende eiquí sóbese por pistas de terra a Penalonga, no pico do Monte Comado (509 m). Desde este punto pódense ollar belas panorámicas da Mariña.

Atravesando monte baixo, chegamos a Noceda e, bordeando o Monte Mondigo pola cara norte, saése a Cereixido. Continuamos o paseo pola pista forestal que vai xunto a  A Coroa (367 m) pico ao que se pode subir, e ao Corno (296 m) lugar recomendado para descansar.

Continúase baixando, sempre cara ó leste,  pola pista forestal de Vilaframil, ate coller un desvío á dereita que leva por debaixo de Acevedo ó Monte Santa Cruz (175 m) final da ruta.

Crónica

O ano 2006 comeza o noso calendario por terras veciñas, e máis en concreto por terras de Ribadeo.

A mañá ameazaba con choivas, o ceo estaba mirando ao mar mouro, que si non fora pola aficción que temos Os Sendeiros, non invitaba a pasar o día camiñando. As nove da mañán éramos 31 sendeiros os que compoñiamos o grupo que íamos a pasar o día por terras do Mondigo.

Partimos ate San Cosme donde collemos a estrada na dirección a Trabada, e antes de chegar tomamos na rotonda a estrada a Reme ate Remourelle. Nesta pequena poboación comeza a ruta, sendo as 9:40 h. Cando chegamos facía frio, obligándonos a poñer toda a roupa de abrigo que levábamos. Unha vez organizado o grupo, con Ana á cabeza, empezamos a ruta tomando unha pista con unha pendente suave. Dende este punto pódese ollar unha bela panorámica de Foz. Seguimos polo chao ate chegar a Penalonga, e no pico do monte Comado (509 m) disfrutamos de belas vistas de toda a Mariña Luguesa dende Burela ate Ribadeo, verdadeiramente impresionante. Dende este lugar non fai moitos anos facíanse saltos con parapente.

Despóis de sacar algunhas fotografías e comentar o que estabamos a contemplar, a choiva fíxonos unha visita que obligou a poñernos os cubasqueiros. Sigue o camiño por unha predeiría en suave descenso, que nos achegará ate Noceda, parroquia cen por cen gandeira; pódense ver moitas vacas pacendo polos ben coidados prados. Este lugar forma un val entre o monte Mondigo e o monte Comado. Podíase ver a todo o grupo estirado como se fora unha serpe multicolor. Xa non chovía e volta a recoller os chubasqueiros.

PICT0006.JPG (1696080 bytes)

PICT0009.JPG (1346277 bytes)

100_0406.jpg (1195880 bytes)

Unha vez que nos reagrupamos de novo, a ruto segue por unha pista en suave pendente que nos achega ó monte A Coroa (367 m), sempre respirando o aire puro que os eucaliptos nos mandaban. Xa se empezaban a escoitar algunhas queixas polo cansazo que as pernas levaban; e eso que aínda quedaba a subida ó monte Mondigo. Sigue a subida polas pistas forestáis na busca da cima do monte, e a verdade é que nesta zona as costas ainda que son curtas son moi pronunciadas, que unha vez que levas uns cantos kilómetros nas pernas, pouco apetece subir. Animándonos unhs a outros por fin chegamos á cima do Mondigo (569 m) e a verdade é que mereceo a pena subir. As vistas son de novo belas, podéndose contemplar todos os vales: Cubelas, Noceda, A Devesa, Vilaframil e o Mar Cantábrico, a verdade que impresionante. Neste pico fixemos de novo unha paradiña e tamén a fotografía de rigor do grupo. Xa eran as 12:20 h.

Despóis da visita continúa a ruta en suave baixada, sempre cara ó leste, pola pista forestal que nos achega á aldea de Acevedo, tamén zoa gandeira. Por poñer un exemplo, nunha das casas que atopamos no camiño dixéronos que tiñan unhas 100 vacas. Ate eiquí non houbo ningun problema que resaltar, todo ía sobre rodas, ¡¡home, o cansazo non conta!!, ¡¡¿cómo queres que poña íso?!!

Ó cansazo tamén se xuntaba a fame, pois xa eran as 14:30 h e a verdade é que eu tamén tiña fame.

Para o grupo foron moi importantes as sináis que a guía Ana ía poñendo en cor verde nos punto que presentaban algunha dúbida. Sacamos forzas para seguir a ruta, pois dende eiquí ainda faltaban 2 km para chegar ó final. Seguimos polo chao por unha pista ben coidada, e por fin chegamos as 3 da tarde a Santa Cruz, un área recreativa moi bonita, axardinada, con mesas para comer ó aire libre e a uns 4 km de Ribadeo, do que se pode ollar todo o seu núcleo urban. Apuramos para cambiar a roupa e deixar as mochilas no autobús, coller o xantar e comezar a degustar a comida que cada un levaba. Uns fomos á terraza do bar. outros dentro... en fin cada quén buscou a sua madrigueira pois soplaba unha brisa que se metía polos ósos.

100_0410.jpg (633809 bytes)

PICT0012.JPG (655375 bytes)

100_0415.jpg (1070088 bytes)

O xantar foi transcorrendo entre anécdota e anécdota, un trago de viño, un chourizo, xamón, queixo e, de postre, rosquillas e tarta. O café o tomamos no bar, que boa falta nos facía meter no corpo algo quente.

De novo a sorte nos acompañou pois, salvo no alto do Comado, a choiva non volveo aparecer. Recordar tamén que notamos moita a falla da incansable e a mellor tesoureira de Os Sendeiros, Sonia, que a tíñamos algo "pachucha", ó mellor as secuelas do Nadal.

Comentar que é unha pena que a ruta non estea sinalizada en ningun dos seus traxectos. Os Sendeiros de Foz cremos que pola sua beleza ben merece un mellor trato.

Eran as 16:15 cando emprendemos a volta a Foz. Un novo reto de Os Sendeiros que cremos que foi ben.

Até a próxima.

José Luís.