Crónica
A hora puntual, as 7 da mañán, Os Sendeiros de Foz emprendemos a
marcha hacia terras asturianas para disfrutar do día polas bisbarras de Pola
de Somiedo. Esta vez o grupo estaba composto por 27 sendeiristas e
amencía con un sol espléndido que a verdade apetecía poñer os pés a
andar.
Collemos a N-634 rumbo a Ribadeo para coller a Teresa e a
Franco, e seguir ate Cudillero para desayunar un pouco no
Restaurante Lupa. A este lugar chegamos as 08:30 h e despóis de unha
paradiña de media hora retomamos o camiño ate Soto del Barco onde
deixamos a N-634 para tomar a estrada que nos levará a Pravia, e
ao chegarmos ó cruce en Cornellana tomar a estrada que nos levará
a terras de Somiedo.
Entre Pravia e Cornellana hai un extenso val á beira do río Nalón,
moi rico en agricultura. Alí pódense ollar grandes plantacións de kiwis,
fabas, etc. Hoxe a paixase recibíanos con un gran manto branco feito pola
xeada que houbo pola noite. A verdade é que nos poñía a pel un pouco de
carne de galiña. Pódese decir que a xeada sería a nosa compañeira
durate toda a viaxe ate chegar ó comezo da ruta.
A estrada lévanos ó pobo de Belmonte, famoso polas minas de
ouro en plena explotación. Aquí celébrase todolos anos o concurso
de buscadores de ouro no río con uns sedazos. "Como nas grandes
películas do oeste americano".
Seguimos a estrada que vai entre montañas e flanqueados por unha
frondosa arboleda de castiñeiros, abelairas, robres, e serpenteando o
río Somiedo que é pequeno e con pouca auga.
De Belmonte a Somiedo hai 60 km, pasando polos pobos de Aguera,
Almurfe, La Riera, Veigas. A 2,5 km de Pola de Somiedo tomamos á
esquerda hacia Saliencia, pobo pequeno pero bonito, con unha
coidada área de descanso e varias casas ruráis. Dende eiquí seguimos
unha pista sin asfaltar ate o comenzo da ruta. Este último tramo de uns
tres kilómetros. Eran as 10:45 h cando chegamos. As 11 h comenza a ruta a
pé con unha pequena costa abaixo, e xa está esperándonos o Lago La
Mina. Pódense ver restos dunha mina de mineráis. Neste lugar comenza
unha costa bastante empinada , dura e longa que nos achega a unha gran
llanura no medio das montañas, onde se pode ver ao fondo o lago Cerveriz.
Durante todo o chao do val vemos grandes montañas e penas formando
fermosas figuras. Fiallega señálanos unha que ten forma de un elefante,
e moitas outras máis.
|