Crónica


ENCONTRO ASTUR-GALAICO, VEGADEO


O Encontro Astur-Galaico deste ano celebrouse en Vegadeo. Recibíronnos no recinto feiral a mañanciña, agasallándonos cun chocolate quente e biscoito, e tras unhas breves verbas partimos en bus cara a saída.


A ruta tivo comezo en Tol, no veciño concello de Castropol, denominárona Silvallana, e discorre polo Camiño de Santiago entre Tol e Vegadeo. Saímos das inmediacións da igrexa parroquial de Tol, dirixímonos por estrada ata Las Campas, onde collemos un camiño descendente ata o arrollo de Fornelo, o cal cruzaremos por unha ponte, que tras cruzala cunha breve subida continuamos por unha cómoda planicie ata Lantoira, onde antano se celebraba a feira da Silvallana, o que motiva o nome desta ruta, e lugar elixido para facer un avituallamento.

 Dende aquí dirixímonos cara a Presa, e mantendo esta dirección e sentido da marcha imos cara a Vegadeo, dende o alto vemos o noso destino, baixamos pola rúa A Galea, cruzamos o río Suarón, accedemos o centro da vila e tras cruzar o parque do Medal chegamos o recinto feiral fin da marcha de hoxe.


Recíbennos cunha banda de gaitas, que ameniza a espera da chegada de todo o grupo, pero unhas pingas obrigan a entrar no recinto para continuar co acto, de novo unhas verbas das autoridades, entrega de agasallos e o tan merecido xantar de confraternidade, rematado cun baile para gastar o exceso do xantar e rematar de estirar os músculos despois da camiñata.


Fermoso día, grazas a organización por todo e ata o vindeiro encontro.

Morís.