Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Andareiro 50

 Ruta Río Masma

Foz - A Cazolga (Lourenzá) (Lugo) 

18 de Xaneiro de 2008

Saída: 09:00 h  da mañán

Dificultade: Media

Duración aproximada: 4,5 h.

Crónica

Hoxe facíamos Os Sendeiros de Foz, a primeira ruta do ano 2009, aínda que alguns tíñamos a resaca da "6ª festa do Berberecho" que celebramos a víspera. Un sábado cheo de delicia polas ruas da vila. Todos os restaurantes, cafeterias e bares ofrecían de diversas formas o preciado molusco. A carpa instalada no peirao foi un fervedoiro de xente chegada de distintos lugares para a degustación do berberecho: en empanada, en arroz caldoso, en salsa verde, á mariñeira, etc. Charangas, grupos de gaitas e a Tuna de Veterinaria de Lugo animaron durante toda a xornada. 

Pero ben,  o noso é que despois de tanta festa ás nove da mañá do domingo estábamos como uns campións diante do concello para facer a 1ª ruta do ano. É a terceira vez que partimos dende o Concello camiñando, as duas primeiras se vos acordades foron no ano 2004, ¡xá choveo! Cando fixemos ó  Andareiro 2 ruta Cornería e Andareiro 3 ruta  A Frouxeira, quen iba decir que íamos a chegar a donde chegamos. Un dez para todos os que formamos a Asociación. 

Ás nove e dez partimos, despois de deixar os macutos no autobus, pola rua Alvaro Cunqueiro e cruzamos a Avenida da Mariña para coller a Senda de Malates que nos vai levando a carón da ria de Foz e fainos pasar por A Granda, un fermoso piñeiral, lugar emblemático de Foz polos recordos entre a xente do pobo por ser o lugar do primeiro campo de futbol da Vila. 

O grupo que formamos 45 persoas, chegamos ao alto de Mañente, pasando antes á beira da Fonte da Paz. Collemos á dereita unha pista que nos sigue deleitando ó seu paso coas fermosas vistas da ria, a ponte do FEVE e como fondo a ribeira de Barreiros, concello veciño. Esta pista acércanos á parte baixa da Costa do Parente, cruzamos a estrada nacional para adentrarnos pola parroquia de Vilaronte que por unha pista achéganos á dormida e silenciosa A Espiñeira, lugar dun encanto especial, a súa Praza, cita unha vez ao ano da feria de gando, coa capela na honra da virxe do Pilar; a fonte das Augas Santas, o fogar familiar de Luisa e Santiago, en fin un conxunto para o recordo. 

100_3016 por ti.

100_3027 por ti.

100_3037 por ti.

100_3052 por ti.

Ao pé da fonte collemos a senda para cruzar polo medio do monte de eucalitos e piñeiros que facían encher os pulmóns de aire fresco mesturado coa fragancia que desprenden as árbores. O camiño vai discurrindo cheo de sorrisos entre a expedición dos Sendeiros para sair ás praderias ben coidadas de Celeiro de Mariñaos. Podemos ollar grandes caserios, cabozos , unha boa cabana de gando e, como non, o lugar querido dos focenses "Os Loureiros" , onde anos atrás moitos romeiros ían en barca dende Foz ata este paraxe para despedir o veran. Subían coa marea chea e tiñan que esperar de novo o enchente para o regreso a casa, unha pena que non perdurara no tempo. 

Pero nós seguimos camiñando levando o rio Masma a esquerda disfrutando da beleza que temos diante, ao fondo a ponte, o pobo de Celeiro, vacas pastando, ata laranxas xantamos. De novo o camiño achegámonos a beira do rio ata chegar a fermosa presa e muiño de Fontela, verdadeiramente unha paraxe fermoso onde as haxa, neste curruncho facemos un reagrupamento despois de levar camiñando unhas tres horas. 

Repoñemos forzas, un grolo de auga, un conto que outro e reemprendemos o camiño. Este tramo discorre preto do rio por un sendeiro de pescadores que da a facilidade de disfrutar da beleza deste rio Masma. O sendeiro obriga a ir serpenteando a suas ribeiras e contemplar as suas augas limpas que deixan ollar o seo fondo. 

Pasamos do sendeiro de pescadores e, de novo a pista forestal que nos achega á Central Eléctrica do Pozo do Capitán que empezou a funcionar en 1907 e deixou de dar servicio no ano 1981, decir que as instalacións seguen como si non pasara o tempo por elas. Nesta Central Eléctrica e o punto derradeiro da ruta "Río Masma", que ten rexistrada o Concello de Barreiros, pero Os Sendeiros de Foz seguimos para diante e de novo retomamos a pista que empeza a alonxarnos do rio pero as vistas siguen sendo moi bonitas e sobre todo un remanso de paz que che vai envolvendo o corpo que fai esquencer o cansanzo que levamos. 

100_3033 por ti.

100_3068 por ti.

100_3081 por ti.

100_3090 por ti.

Xa a estas alturas o grupo vai estirandose igual que uhna goma, na cola quedamos os de sempre, mais ó menos, pero animándonos uns a outros vamos indo e disfrutando da paisaxe. Comezamos a ver alguhnas casas ao fondo do camiño que facia presaxiar que a meta estaba moi cerquiña.

 Pasamos diante dun grandioso palmeral, cousa extrana nesta Galicia, comentan algúns compañeiros que e unha plantación de Cabaleiro que se adica a venta de todo tipo de plantas.

 Seguimos camiñando, subindo unha pequena costa que nos leva ao alto da Cazolga, parroquia que pertence ao Concello de Lourenzá, agrícola e gandeira, goza dunha fermosa área recreativa á beira do rio Masma acompañada dunha xoia da construcción de outra época, como é a ponte que cruza o rio. 

A unha e media, chegamos os derradeiros Sendeiros, xá estaba esperando o resto do grupo para facer a fotografía de costume tendo como testigo o fermoso marco que fai o rio, a área recreativa e a ponte, todo un luxo. 

Ás duas todos un pouco arranchados collemos o autobus e a rumbo pasando por Lourenzá camiño do bo xantar que estaba esperándonos no restaurante O Asador en Barreiros

Bo xantar, boa compaña, boa camaraderia, que mais se pode pedir para o remate dunha mañá de senderismo.

 Ao redor das catro e media chegamos a Foz, contentos si, pero algo cansos. 

Ata sempre.

 José Luis.